Uvas de lagarto (Sedum sp.)
Uvas de lagarto (Sedum arenarium)
Podarcis hispanica
Loitosiña
Stipa gigantea
Silene uniflora

Comunidades Vexetais Rupícolas

Vincios conta cun espazo natural que destaca polas diferentes unidades de vexetación que conforman hábitats de interese comunitario incluídos no Anexo I da directiva 92/43/CEE

Rochas silíceas con vexetación casmofítica. Cód. 8220.
Características:
Comunidade vexetal de tipo rupícola común nos afloramentos rochosos da serra do Galiñeiro, tanto nos de carácter granítico como nos gneises. Abunda especialmente ao longo da liña de cumes, mais aparece en calquer fraguedo, coa única condición de que reciba a suficiente radiación solar. As plantas enraízan nas gretas das rochas e predominan as especies de follas crasas, que utilizan as mesmas para acumularen a necesaria auga de reserva. Como especies representativas desta comunidade podemos citar as uvas de lagarto, como por exemplo Sedum hirsutum, ou o couselo (Umbilicus rupestris).

Pendentes rochosas con vexetación casmofítica. Cód. 8230
Características:
Comunidade vexetal que coloniza solos esqueléticos e silíceos, de textura areosa, derivados da meteorización do granito e do gneis en superficies horizontais. A camada de terra presente é mui delgada e drena con grande rapidez, o que submete á vexetación a un forte extrés hídrico.
A semellanza da comunidade anterior, predominan as especies de pequeno porte, de follas crasas e peludas ou glandulosas. Muitas destas especies son de carácter anual, secando cos primeiros calores do verán logo de teren fructificado. Algunhas das especies que con maior frecuencia aparecen na serra do Galiñeiro son: a uva de lagarto Sedum arenarium, Linaria saxatilis, o tromentelo (Thymus caespititius), ou as gramíneas Agrostis delicatula e Vulpia membranacea. Algunhas destas especies son endemismos do noroeste peninsular.

Afonso Rodríguez Rodríguez

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade