Saxifraga spathularis
Saxifraga spathularis

Flora Orófila

Vincios conta cun espazo natural que destaca polas diferentes unidades de vexetación que conforman hábitats de interese comunitario incluídos no Anexo I da directiva 92/43/CEE

Son especies vexetais propias de zonas elevadas que sofren condicións duras para a súa supervivencia. O punto máis elevado na parroquia de Vincios refírese ao Monte do Galiñeiro, o seu cume está situado a uns 705 metros de altitude. Aquí atoparemos especies como a abelairiña (Saxifraga spathularis), salientando a presenza do bugallón (Ranunculus nigrescens) e a gagea (Gagea nevadensis).

Podemos atopar este tipo de flora repartida por toda a zona de cumes da Serra do Galiñeiro.

Pérez, Paula. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.5 – 58

Fonte das imaxes: Afonso Rodríguez Rodríguez

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade