A festa de Santa Mariña

A festa de Santa Mariña / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

A foto amosa a festa de Santa Mariña cando aínda se celebraba na súa igrexa
O vídeo amosa a gravación financiada pola 'Unión de Hijos de Morgadanes' (Montevideo), cun capital aproximado de 2.500 pesetas. Durante todo o verán de 1928, José Gil percorreu coa súa cámara os principais escenarios e as festas máis representativas do Val Miñor. Estreouse o 14 de marzo de 1929 no Teatro Ariel de Montevideo. Na década dos 1980 a cinta foi depositada por un asociado da Unión na Filmoteca Española. A película foi restaurada en 1999 polo Arquivo da Emigración Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe.
Cartografías