cartografias_sensibles_vincios_gondomar_actividaes_escalada_0617

Escalada

A rocha do Galiñeiro tanto polos aspectos técnicos como pola dificultade, fai a súa escalada moi atractiva

A rocha do Galiñeiro, de características únicas no Noroeste Peninsular, presenta unha actividade de gran interese tanto polos aspectos técnicos como pola dificultade, o que fai a súa escalada moi atractiva.
UN POUCO DE HISTORIA
A principios do século XX chega a Península a practica da escalada e montañismo como un fenómeno lúdico e deportivo que en Europa facía furor dende a metade do século XIX. En Galicia as primeiras vías de escalada que contan coa debida documentación datan do 1940 e precisamente están no monte Galiñeiro. Antes de esta data xa hai testemuñas da práctica da escalada e da técnica de rappel dende os anos vinte, mais non quedan testemuñas que poidamos acreditar con coñecemento. Entre os primeiros nomes que aparecen vinculados ao Galiñeiro están o de Serrano e os dos irmáns Antonio e Constancio Veiga. Posteriormente, nos anos 60 e 70 destacan os de Ramon Melón, Alfaia e Fariñas. A partir de entón aparecen sucesivas xeracións ata os nosos días e como principais aperturistas están os irmáns Suarez, Dourado, M. Davila, Ocaña e Guimarei.
Eran tempos no que empezaban a forzarse en libre vías que ata ese momento facíanse en artificial, pero realmente a época dourada da escalada no Galiñeiro empeza a partir dos anos 80, cando as melloras de material e as novas técnicas de progresión coincidindo co que hoxe chamamos escalada deportiva, deron un pulo ao Galiñeiro que se mantén ate os nosos días. Os nomes de Miguel Seoane, J.Villar, Joaquín Carril, Arocas encabezan unha larga lista de aperturistas e instaladores.
A partir dos anos 90 unha iniciativa do comité técnico da Federación Galega de Montañismo desenvolvida por Miguel Seoane, acondiciona e reequipa practicamente a totalidade das vías abertas ata aquel momento, nun traballo excepcional, que fixo do Galiñeiro o punto mais importante da escalada deportiva de Galicia.
Hoxe en día ese control de seguridade segue a manterse polo colectivo de escaladores.
Nestes últimos anos, a limpeza do mato na ladeira oeste deixou ao descuberto unha serie de rochas, non moi altas, mais ideais para a práctica da escalada de bloque e boulder, escalada na que non é preciso arneses nin cordas xa que non se sube a moita altura e onde a protección cóbrese coa colocación por parte do escalador e do colchón que amortecen a posible caída ao chan. É unha escalada que non deixa ningún tipo de residuo nin material instalado na rocha, deixando totalmente limpo o monte a nosa marcha.
Todos estes factores unidos ao escenario único de agreste beleza permiten que O Galiñeiro, cunha da escalada en Galicia, siga ser hoxe en día, e sen lugar a dúbidas, a escola de escalada deportiva máis concorrida tanto de Galicia como do norte de Portugal.
RECOMENDACIÓNS
CHEGAR: Para chegar as vías do sector Norte, coller o camiño de terra que sube dende o merendeiro ata o refuxio. Unha vez alí, existen varios camiños moi estreitos de terra que soben ata as vías. Algunhas están a 6’ de subida e outras a 15’. Para chegar ao sector sur, é preciso moverse bastante collendo a carreteira que pasa polo merendeiro. Se se prefire camiñar, tardarase sobre 20’.
A PEDRA: Trátase de ortogneis de gran fino. A zona de escalada é moi extensa e permítenos practicar diferentes estilos; dende adherencias, teitos ou desplomes.
Permite iniciarse en IV e gozar de retos cun 8a, sempre cunha ampla cantidade de graos para practicar este deporte.
CLIMA: A gran maioría das vías están orientadas ao SW-NW da Serra do Galiñeiro e polo tanto, reciben ao mal tempo e os ventos atlánticos, sobre todo na época invernal. No verán, o sol da de cheo na pedra polo que non é recomendable a escalada nas horas centrais do día. Sorte que a brisa de altura e as habituais néboas de verán, refrescan a xornada.

Pérez de Lis, Manuel. Escalada. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.71 – 73

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade