cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_arqueloxia_petroglifo_santa_lucia

Molinos naviculares y petroglifos de Santa Lucía

Grupo de 6 petroglifos datados en la Edad del Bronce con diferentes representaciones

<En gallego> Un muíño rupestre non se diferencia formalmente de calquera outro tipo de muíño navicular prehistórico, a excepción de que non son móbiles, senón que están feitos na superficie dos afloramentos rochosos da paisaxe. Nunha significativa porcentaxe estes muíños prehistóricos están asociados con abrigos rochosos de diversa entidade, é dicir, atópanse no interior ou no entorno máis inmediato dunha cova.
O tipo de producto que era moído nestes muíños é polo de agora un misterio. Existe un recente estudio que trala análise das superficies de varios muíños, na procura de microrrestos, deparou que por un lado a maioría destes non contiñan ningunha evidencia debido loxicamente ó tempo que levan expostos ós axentes atmosféricos. Por outro lado, no caso no que si apareceron elementos analizables, estes parecen estar contaminados e nun único caso parecen existir restos dunha sustancia, a hiosciamina, que forma parte da composición química dalgúns vexetais entre os que citan ó Beleño (Hyoscyamus sp) e que ten propiedades narcóticas. Se ben, á marxe desta hipótese, parece que o seu emprego estaría máis relacionado coa moenda de cereais ou outros productos vexetais duros (castañas, landras, piñóns), sen que se poida descartar a preparación doutras sustancias de orixe non orgánica.
Tamén a súa cronoloxía é unha incógnita. Deste xeito relativo os muíños serían inmediatamente anteriores ós petroglifos no plano funcional e no cronolóxico. Esta afirmación cimentámola a partir da documentación de asociacións (superposicións) entre muíños e gravados abstractos (coviñas, cazoletas, sucos e combinacións circulares), que parecen ser os de maior antigüidade. A maior parte dos petroglifos do Grupo Galaico están datados no III milenio antes de Cristo, aínda que se da por suposto que deberon comezar a facerse antes e perdurar durante bastante tempo.

MÉNDAZ QUINTAS, Eduardo. Cavidades entre a Idade de Bronce e o Paleolítico. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 189-210

Petróglifo 1
Afloramento granítico alongado no eixo NO SE, cunhas dimensións de 2’7 por 1’5 m. No sector NE a rocha está a ras de solo sobresaíndo no resto ata 60 cm. A superficie insculturada presentase máis ou menos horizontal e diaclasada.
Grupo 1.-
Motivos: 2 círculos de 26 e 21 cm. de diámetro con coviñas no interior e asociados mediante surcos. O diámetro das coviñas está entre 2 e 3 cm. con profundidade inferior a 0’5 cm.
Grupo 2.-
Sitúase cara ao O do grupo anterior. Motivos: varias coviñas de 3 a 8 cm. de diámetro e con profundidade de aproximadamente 1 cm. Xunto a estas un rebaixe oval de 14 x 8 cm. A anchura dos surcos oscila entre 2’5 e 3’5 cm.

Petróglifo 2
Sitúase na zona SE formado por tres cazoletas. A central perfectamente definida ten forma rectangular e esquina redondeadas con medidas de 24 x 32 cm. e profundidade máxima de 4’5 cm. o sur desta separada por unha crista pouco resaltada duns 5 cm. de ancho observase unha cazoleta oval de 17 x 14 cm. cunha profundidade máxima de 1’5 cm. O norte da central existe outra cazoleta oval de 20 x 10 cm. Non se define unha crista que a separe da central se non que esta última está máis baixa.

Petróglifo 3
COSTA GOBERNA (1985) DI: “A un 30 m. en dirección O. do anterior nunha rocha que na súa parte oriental presente pegadas de cantería temos unha superficie insculturada de 1’4 x 0’9 m. na que  observaremos tres representacións: un surco longo a modo de mango con figura triangular nun extremo, coma o dunha folla, que se recoñecen coma representacións de alabardas.
Alabarda nº 1: lonxitude de mango 80 cm. Lonxitude de folla 28 cm anchura máxima de folla 20 cm. Presenta surco indicando nervio central.
Alabarda nº 2 lonxitude de mango 50 cm. Lonxitude de folla 22 cm. Anchura máxima de folla 16 cm. Presenta indicación de surco a modo de nervio central.
Alabarda nº 3: lonxitude de mango 50 cm. Cortado en parte por fractura. Anchura máxima de folla de 26 cm. Presenta indicación

Petróglifo 4
Afloramento granítico cunha superficie bastante horizontal de 2 x 1’4 m. situada a ras de solo únicamente sobresae do mesmo, na dirección da pendente sendo dun metro. A representación de motivos consiste nun grupo dunhas 20 coviñas, diámetro máximo de 3 cm. e profundidade inferior a 0’5 cm. O estado de conservación é bo, se ben aprézase erosión natural.

Petróglifo 5
Afloramento granítico de 7 x 7 m. sobresaíndo do solo 1’5 metros, aproximadamente polo O e algo menos polo sur. Estando a ras do solo no resto do seu perímetro.
Grupo 1.-Situado na parte máis alta do afloramento. Motivos: 3 círculos concéntricos incompletos con cinco coviñas no seu interior de 2 a 4 cm. de diámetro. O diámetro máximo dos círculos é de 45 cm. Tres círculos concéntricos con coviña central de 7 cm. de diámetro e menos de 1 cm. de profundidade. O diámetro máximo dos círculos é de 32 cm. Do círculo de máximo diámetro parte un surco en dirección NE prolongándose 38 cm. Anchura do surco de 4 cm. Estos motivos ao igual que os anteriores están bastante erosionados presentando surcos pouco definidos. Alfabetiformes de factura recente.

Petróglifo 6
Gran afloramento granítico de 6 x 3 metros moi afectado por canteíras, de xeito que determinan a súa configuración. Na súa parte central está ocupado por pasto natural e musgo. Os grupos representados sitúanse a ambos lados desta zona.
Sitúase cara a NE do afloramento estando a súa parte superior a ras de solo cara á pendente elévase aproximadamente un metro do solo presentando neste punto un corte importante producto de  extraccións. A única representación consiste nunha coviña de 6 cm. de diámetro por 1’5 cm. de profundidade.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles es un proyecto que apuesta por la defensa y la puesta en valor del patrimonio de la parroquia de Vincios y de la Serra do Galiñeiro.

Se trata de un acercamiento virtual a una realidad territorial rica y compleja a través de mapas nos hacen descubrir historias, topónimos, molinos, cuevas, yacimientos arqueológicos, leyendas, músicas y tantos otros elementos que configuran la identidad de este lugar.

La Comunidad de Montes de Vincios lleva años promoviendo la multifuncionalidad de un espacio vivo, con infinidad de posibilidades tanto productivas como ambientales o de ocio. Un lugar especial en el que conviven la obtención de recursos naturales con la pasión por la naturaleza en todas sus formas y actividades, así como la conservación de las tradiciones, los valores naturales y del patrimonio cultural.

Agenda de eventos (en gallego)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nosotros

Tu nombre (requerido)

Tu Email (requerido)

Asunto

Mensaje

Acepto la Política de Privacidad