Ilustración: Iago Valverde
Ilustración: Iago Valverde

Las Santas Cristianas

Cristianización de adoraciones a diosas de la natureza

<Gallego> Como norma xeral, o cristianismo combateu todas as manifestacións preexistentes do sagrado feminino. Xa puidemos comprobar como demonizou a vella Deusa, degradándoa até a converter nunha vulgar bruxa. Coas mouras non foi muito máis indulxente, se ben a forza da devoción popular foi tal que a igrexa non tivo máis remedio que transixir nalgúns casos, limitándose a vestir as antigas divindades coas roupas da haxiografía oficial.
Foi así como se estenderon por toda a nosa xeografía santuarios adicados a santas e virxes en fontes, covas e cumes de montes, xustamente nos mesmos lugares nos que en tempos pasados o povo adoraba as vellas deusas da natureza. Así, algunhas das nosas mouras encantadas son coñecidas como “virxes”, podendo conceder favores aos viciños ou aconsellar aos rapaces. No outro extremo, santas cristiás apresentan características típicas das mouras ou da Deusa antiga.
A imaxe de Sta. Lucía de Vincios dise que foi atopada no Monte de Sta. Lucía, onde se localiza actualmente o picadeiro do Galiñeiro. Esta santa adóitase representar como unha moza de grande beleza. Tíñase por protectora das costureiras; nalgúns refráns populares aparece como fiandeira. Esta era precisamente a actividade máis característica dos encantos femininos. Cunha roca na man tamén aparece ás veces Sta. Mariña. Ignoramos cal foi a orixe da Sta. Mariña de Vincios, mais normalmente esta santa asóciase coas aguas, daí a orixe do seu nome (é o caso de Sta. Mariña de Aguasantas, Xunqueira de Ambía). Relaciónase tamén coa fertilidade da terra (precisamente, ela é quen leveda a fariña). Algúns dos seus santuarios foron en tempos pasados lugares onde se veneraban as ninfas das fontes e das aguas.
As dúas santas tiveron tal peso na relixiosidade popular de Vincios que a elas precisamente se consagraron as dúas igrexas da freguesía. Mesmamente, Sta. Mariña foi erixida na santa protectora da parroquia, ao tempo que a viciña freguesía de Chaín se encomendaba a Sta. María, tomando a denominación relixiosa de Santa María de Chaín.
No entorno de Vincios encontrámonos con outras dúas advocacións da Virxe María, con cadansúa capeliña levantada sobre o cume dun monte: Nosa Señora das Neves e Nosa Señora da Alba. A santa de Valadares destaca na súa función curativa. A súa irmá do Coto de Herbille (Chenlo) semella relacionarse coa lúa; tamén Sta. Lucía se relaciona co astro lunar, até tal ponto que na tradición popular galega a lúa chámase Lucía. Sobresae de Nosa Señora das Neves a antigüidade do seu culto, iniciado en Roma no século IV, a súa representación sobre un trono de nubes e a súa capacidade de provocar nevadas. Os paralelismos coas antigas deusas das alturas que rexen os fenómenos atmosféricos (como a escandinava Freia, ou mesmo a nosa Vella) son máis que evidentes.
Destacar, finalmente, que tamén no Galiñeiro podemos recoñecer o mito das sete irmás, que deciden acabar os seus dias habitando nos cumes da terra, ollando fraternalmente as unhas para as outras: Nosa Señora das Neves olla desde o Coto de Herbille para a Virxe da Alba e para as súas outras cinco irmás. Cando entran os varóns no mito, intervén ademais o seu irmán Cosmade, venerado no Alto de S. Colmado.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Afonso. A memoria da pedra. Lendas do monte Galiñeiro. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 155-156

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles es un proyecto que apuesta por la defensa y la puesta en valor del patrimonio de la parroquia de Vincios y de la Serra do Galiñeiro.

Se trata de un acercamiento virtual a una realidad territorial rica y compleja a través de mapas nos hacen descubrir historias, topónimos, molinos, cuevas, yacimientos arqueológicos, leyendas, músicas y tantos otros elementos que configuran la identidad de este lugar.

La Comunidad de Montes de Vincios lleva años promoviendo la multifuncionalidad de un espacio vivo, con infinidad de posibilidades tanto productivas como ambientales o de ocio. Un lugar especial en el que conviven la obtención de recursos naturales con la pasión por la naturaleza en todas sus formas y actividades, así como la conservación de las tradiciones, los valores naturales y del patrimonio cultural.

Agenda de eventos (en gallego)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nosotros

Tu nombre (requerido)

Tu Email (requerido)

Asunto

Mensaje

Acepto la Política de Privacidad