cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonioinma_lendas_ouro_encantado

El oro encantado

Tesoros encontrados en la Sierra del Galiñeiro

<En gallego> O número de tesouros encantados na serra do Galiñeiro é altísimo. Sabemos da localización dalgúns deles, mais é ben seguro que muitos outros aínda nos son descoñecidos. Contábanos un informante dos Cabreiros que, estando a facer o servizo militar en África, un mouro vello lle dixeran que a serra do Galiñeiro estaba chea de prata. Precisamente, ao pé da Lapa da Moura existe un olleiro coñecido como a Fonte da Plata. Era o ouro, porén, o elemento máis aracterístico dos tesouros dos encantos.
Aparecía en forma de barras de metal, ou no interior de barricas, fornos ou cornos. O máis habitual era, no entanto, que aparecera soterrado nunha mina, apresentándose comunmente en forma de moedas de ouro.
Ás veces, desencantar un tesouro implicaba coñecer unha frase ritual. Na noite de S. Xoán, por exemplo, un cabalo branco xurdía do Retrato da Capilla e camiñaba cara a Sepultura (Prado). Só recitando certo sortilexio de desencantamento se podía obter o tesouro escondido.
Levar unha sardiña viva dende o mar até o lugar onde se agochaba o tesouro era o xeito de o desencantar. Así sucede nas proximidades da capela de S. Xulián e na Sepultura. Neste último lugar, había unha sardiña gravada na mesma pedra. O procedimento para desencantar unha mina de ouro que alí había consistía en depositar sobre a pedra unha sardiña viva, levada até alí desde o mar… e houbo quen chegou até a beira mesma da Sepultura co peixe a coletear, mais nese preciso momento o animal morreu.
O ouro do Galiñeiro aparecía frecuentemente oculto no interior duns cornos. Estes recórdannos os cornos da abundancia das mitoloxías da prehistoria cos que os deuses fornecían aos humanos os alimentos e bens necesarios.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Afonso. A memoria da pedra. Lendas do monte Galiñeiro. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 143-144

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles es un proyecto que apuesta por la defensa y la puesta en valor del patrimonio de la parroquia de Vincios y de la Serra do Galiñeiro.

Se trata de un acercamiento virtual a una realidad territorial rica y compleja a través de mapas nos hacen descubrir historias, topónimos, molinos, cuevas, yacimientos arqueológicos, leyendas, músicas y tantos otros elementos que configuran la identidad de este lugar.

La Comunidad de Montes de Vincios lleva años promoviendo la multifuncionalidad de un espacio vivo, con infinidad de posibilidades tanto productivas como ambientales o de ocio. Un lugar especial en el que conviven la obtención de recursos naturales con la pasión por la naturaleza en todas sus formas y actividades, así como la conservación de las tradiciones, los valores naturales y del patrimonio cultural.

Agenda de eventos (en gallego)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nosotros

Tu nombre (requerido)

Tu Email (requerido)

Asunto

Mensaje

Acepto la Política de Privacidad