cartografias_sensibles_vincios_gondomar_monte_recursos_repoboacion_micorrizacion2

Cultivo de setas en O Galiñeiro

Revalorización del monte mediante la micorrización de pino de 10-15 años de edad en una superficie de 3,72 ha

<En gallego> Durante anos, as diferentes Comunidade de Montes, adicaron o esforzo de explotación do monte exclusivamente para a obtención de madeira, esa foi a herdanza que deixaron os anos escuros nos que o monte deixou de estar nas mans dos seus lexítimos propietarios,a veciñanza comuneira. Esta actividade causou unha sobre saturación de monocultivo e un empobrecemento dos solos a causa da sobre explotación do monte, dando como resultado montes con baixa diversidade biolóxica e cunha caída da produción.
Esta situación de deterioro ambiental, agravouse a causa do aumento dos incendios forestais nos últimos anos. Por iso a situación leva a unha adopción de medidas urxentes e definitivas Así, seis Comunidades de Montes do Val Miñor deciden poñer en marcha unha iniciativa común na liña da recuperación ambiental. Así, póñense mans á obra e crean un proxecto pioneiro de interrelación entre diferentes Comunidades de Montes cun beneficio de caracter ambiental e que teña repercusión social, primeiro para toda veciñanza comuneira das propias comunidades partícipes, despois para toda a veciñanza e tecido social do concello. Con este proxecto a Comunidades de Montes de Vincios pretende incidir na multifuncionalidade do monte e no cambio de xeito de comprender a súa posta en valor, dando ao monte a oportunidade de diversificar a súa recuperación paisaxística e biodiversidade mediante a utilización dun sistema natural e ecolóxico, como é a Micorrización, capaz de contribuír á recuperación solos degradados e incendiados, aportar vigorosidade e alimento a outros vexetais, ademais de obter uns produtos típicos dos nosos montes como son a castaña de calidade e cogomelos comestibles de uso culinario, andoa, Boletus edulis, e níscalo, Lactarius deliciosus.

A micorrización é unha relación de simbiose entre un fungo (mycos), que aporta á planta nutrintes minerais e auga- e as raíces dunha planta (rhizos), que aporta ao fungo hidratos de carbono e vitaminas que non pode obter doutra maneira.
O efecto do micorrizamento:
- Melloran a nutrición das plantas.
- Son “esponxas” de CO² Atmosférico.
- Equilibran a composición do solo e recuperan a cuberta vexetal.
- Fomentan a biodiversidade dos solos.
- Axudan á planta a aguantar a seca e as pragas.
- “Vacinas” biolóxicas e “seguros” ecolóxicos.

O obxectivo xeral é a recuperación paisaxística de diferentes zonas do monte mediante a mellora de solos degradados e incendiados e a promoción dos soutos, plantación de castiñeiros, ben como manexo de plantíos xa existentes, ou como promoción de novas áreas. A micorrización de árbores permite nunha mesma parcela de monte dous usos distintos todos eles positivos para a recuperación dos seus solos e outorgando ás CCMM unha nova vía de sustentabilidade do monte. É interesante pensar que os produtos finais serán, ademais da mellora da contorna e das condicións ambientais do monte e do solo, abrir a posibilidade do disfrute social das castañas e dos cogomelos.

O proxecto:
As actuacións na C.C.M.M. leváronse a cabo en dúas zonas:
Nunha parcela do Monte Galiñeiro de 3,72 ha, con piñeiros de 11-15 anos de idade. Inoculáronse con micorriza do xénero Lactarius deliciosus.
1. Noutra parcela Monte Salgueiro de 2,75 ha, cuberta de carballo país de 10-20 anos de idade. Inoculáronse os castiñeiros con micorriza do xénero Boletus edulis.
2. As zonas elixidas para os traballos de Micorrización e Plantación foron pensadas para posibilitar a accesibilidade a persoas con capacidade de movemento limitada ou con discapacidades.
3. Todo o material obtido da limpeza dasáreas de plantación de especies autóctonas xa micorrizadas utilizarase para formar unha pilla de restos vexetais, que posteriormente se utilizarán para a recuperación de solos incendiados ou degradados, aportando así, máis diversidade.
4. Sinalizáronse as zonas de micorrización para mellor indicación para a veciñanza do concello cando vaian a recoller os cogomelos e as castañas.
5. Como contribución ao desenvolvemento social, levouse a cabo a formación continua e mesmo a promoción do emprego especializado nas tarefas do monte e do medio rural nas actividades de limpeza, preparación e inoculación con persoal específico e especializado.

Santos, Luz. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.85 – 98

 

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles es un proyecto que apuesta por la defensa y la puesta en valor del patrimonio de la parroquia de Vincios y de la Serra do Galiñeiro.

Se trata de un acercamiento virtual a una realidad territorial rica y compleja a través de mapas nos hacen descubrir historias, topónimos, molinos, cuevas, yacimientos arqueológicos, leyendas, músicas y tantos otros elementos que configuran la identidad de este lugar.

La Comunidad de Montes de Vincios lleva años promoviendo la multifuncionalidad de un espacio vivo, con infinidad de posibilidades tanto productivas como ambientales o de ocio. Un lugar especial en el que conviven la obtención de recursos naturales con la pasión por la naturaleza en todas sus formas y actividades, así como la conservación de las tradiciones, los valores naturales y del patrimonio cultural.

Agenda de eventos (en gallego)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nosotros

Tu nombre (requerido)

Tu Email (requerido)

Asunto

Mensaje

Acepto la Política de Privacidad