Fonte: Clube Espeleolóxico Maúxo

Castro de Xián

El principal asentamiento castreño de todo el conjunto orográfico de Montecastelo datado en la Edad de Hierro

<En gallego> Trátase do principal asentamento castrexo de todo o conxunto orográfico de Montecastelo. Con certeza data da Idade do Ferro (III milenio ante de nós) se ben, a arqueoloxía constata ocupacións posteriores (medievais) e non se pode descartar que con anterioridade á cultura castrexa xa fose lugar fortificado.
O castro de Xián conta cun denso monte de toxos, silvas e xestas que viñeron logo do grande incendio de 1989, así como con poderosos desniveis naturais que case rodean o outeiro e que deixan aberta a posibilidade a algunha cavidade descoñecida.
Baixo a mesma Curita do Crasto, existe un pequeno abrigheiro natural coberto por unha longa biseira de nome: A Samanca, con todo sen catalogar neste libro.
O espigado coto onde se ubica o poboado fortificado domina o lugar de Xián dende o alto, ó suroccidente de Vincios, á sombra d’A Sidá, e controla o planalto septentrional de Montecastelo contra Vilaza, Parada e Camos. O castro, estratexicamente ubicado, controla así o paso natural entre o corredor do río da Rega e o val Miñor.
Ademais do asentamento castrexo, perfectamente coñecido e inventariado por Hidalgo Cuñarro e Costas Goberna, ainda que nunca investigado e posto en valor, existe outro patrimonio arqueolóxico que aumenta a relevancia deste lugar para clarificar a protohistoria e historia media deste territorio. Trátase de dous taboleiros gravados en dúas rochas do cumio do Castro de Xián; petroglifos históricos datables entre o século IX e o s. XIII. Actaulmente, séguese a xogar, alomenos en Baiona, co nome popular de “Riqui-Raque”, sendo coñecido globalmente como o xogo de “Alquerque de IX”.

GARCÍA GARCÍA, Miguel e COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 85-89

Synonyms

Os Cotros

Location

Os Cotros

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles es un proyecto que apuesta por la defensa y la puesta en valor del patrimonio de la parroquia de Vincios y de la Serra do Galiñeiro.

Se trata de un acercamiento virtual a una realidad territorial rica y compleja a través de mapas nos hacen descubrir historias, topónimos, molinos, cuevas, yacimientos arqueológicos, leyendas, músicas y tantos otros elementos que configuran la identidad de este lugar.

La Comunidad de Montes de Vincios lleva años promoviendo la multifuncionalidad de un espacio vivo, con infinidad de posibilidades tanto productivas como ambientales o de ocio. Un lugar especial en el que conviven la obtención de recursos naturales con la pasión por la naturaleza en todas sus formas y actividades, así como la conservación de las tradiciones, los valores naturales y del patrimonio cultural.

Agenda de eventos (en gallego)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nosotros

Tu nombre (requerido)

Tu Email (requerido)

Asunto

Mensaje

Acepto la Política de Privacidad