Ruscus aculeatus
Hyacinthoides paivae
Lucanus cervus
Pyrus cordata
Fraxinus ornus
Dryopteris affinis
Davallia canariensis
Blechnum spicant
Corylus avellana
Laurus nobilis

Bosque Atlántico

Vincios cuenta con un espacio natural que destaca por las diferentes unidades de vegetación que conforman hábitats de interés comunitario incluídos en el Anexo I de la directiva 92/43/CEE

<En gallego> Atopamos un tipo de hábitat, representativo do que puido ser o bosque atlántico, de maneira illada, en zonas moi concretas ao longo de toda a superficie ocupada pola Comunidade de Montes de Vincios, sobre todo preto de solos húmidos. Son vestixios do que no pasado ocupou a masa boscosa de carballeira (Quercusrobur) e que actualmente acompaña ao bosque de ribeira.

FLORA:

Neste medio a flora medra asociada á árbore predominante, o carballo, formando un bosque caducifolio asociado a arbustos como o rusco (Ruscus aculeatus). Ademáis, abundan as especies leñosas como a sobreira (Quercus suber), castiñeiro (Castanea sativa), herba salgueira (Lonicera periclimenum), abeleira (Corylus avellana), pereira brava (Pyrus cordata), areiras (Hedera ibérnica) e fentos (Pteridium aquilinum, Dryopteris affinis e Polypodium vulgare).
Tamén podemos atopar un tipo de freixo propio de zonas mediterráneas (Fraxinus ornus)

FAUNA:

Neste ambiente podemos atopar grande variedade de paseriformes(aves de pequeno tamaño), dende os máis comúns como o ferreiriño común (Parus caeruleus), o pimpín (Fringilla coelebs), o verderolo común (Carduelis chloris), o xirín (Serinus serinus), o paporrubio (Erithacus rubecula), a papuxa das amoras(Sylvia atricapilla), picafollas musical (Phylloscopus trochilus), o carrizo (Troglodites troglodites), o gaio (Garrulus glandarius) e moitísimos máis… Ademáistamén podemos atopar o sapo común (Bufo bufo), o sapiño pinto (Discoglossus galganoi), a píntega (Salamandra salamandra), o pintafontes común (Lissotriton boscai), etc… en zonas como pozas ou charcas. Tamén os mamíferos atopan espazo neste hátitat, como os morcegos (Pipistrellus pipistrellus e Myotis myotis), o teixugo (Melesmeles), a raposa (Vulpes vulpes), a denosiña (Mustela nivalis), a garduña (Martes foina) o ourizo cacho (Erinaceus europaeus) e a toupa (Talpa occidentalis). Entre os insectos, destacar a presenza da vacaloura (Lucanus cervus).

Pérez, Paula. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.5 – 58

Fonte das imaxes: Afonso Rodríguez Rodríguez

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles es un proyecto que apuesta por la defensa y la puesta en valor del patrimonio de la parroquia de Vincios y de la Serra do Galiñeiro.

Se trata de un acercamiento virtual a una realidad territorial rica y compleja a través de mapas nos hacen descubrir historias, topónimos, molinos, cuevas, yacimientos arqueológicos, leyendas, músicas y tantos otros elementos que configuran la identidad de este lugar.

La Comunidad de Montes de Vincios lleva años promoviendo la multifuncionalidad de un espacio vivo, con infinidad de posibilidades tanto productivas como ambientales o de ocio. Un lugar especial en el que conviven la obtención de recursos naturales con la pasión por la naturaleza en todas sus formas y actividades, así como la conservación de las tradiciones, los valores naturales y del patrimonio cultural.

Agenda de eventos (en gallego)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nosotros

Tu nombre (requerido)

Tu Email (requerido)

Asunto

Mensaje

Acepto la Política de Privacidad