A Raís

La cavidad guarda varios petroglifos en su interior y ha servido a canteros de cobijo, vestuario, cobertizo, etc. Tiene usos anteriores relacionados con el monte y el pastoreo.

<En gallego> Trátase dunha estrutura de bloques lateral, posiblemente residual dun sistema de bloques fragmentados. Dada a destrucción parcial da cavidade por actividades mineiras locais, non se pode asegurar se o lugar chegou a xerar un sistema de bloques fragmentado real.
O río d`A Raís circula hoxe encaixonado en depósitos modernos orixinados sobre os propios entullos da explotación mineira. A colmatación actual da sala principal non permite determinar a presencia de formas de erosión que xustifiquen ou descarten definitivamente a súa inclusión como sistema de bloques fragmentados. Noutro caso, o sistema catalogaríase como sistema de bloques rotos (subtipo 3.2).
Obsérvanse dúas direccións principais de fractura. A primeira, de eixo N140°E, coincide coa dirección principal do canón. Os bloques bascularon contra a valgada a favor de discontinuidades coincidentes con esta dirección. A segunda, de eixo N30°E e buzamento 60°-N120°E, fixo escorregar os bloques contracorrente.
As dúas estancias principais da cavidade son:
• O salón de entrada duns 12 metros cadrados de superficie. Ten hoxe un solo constituído por limos orgánicos cunha potencia estimada, dadas as pendentes dos bloques perimetriais, de 1,5 metros. Na inclinada parede noroeste da sala hai un petroglifo. Obsérvase como o gravado continúa por baixo do actual piso.
• Galerías secundarias; que permiten adentrarse uns 7 metros no castelo residual de bloques.

FORMAS DE RAÍCES
As formas ou estalagmitas de raíces son estruturas naturais trogloditas desenvoltas pola simbiose das micorizas dun fungo cunha planta base; neste caso, eucalipto.
Nesta cova hai dúas estalagmitas de raíces. A primeira, de forma acampanada, duns 2 cm de altura e un de diámetro medio; a segunda acampanada e oca, a xeito dun volcán, que acada os 4 cm de diámetro pero só 1 cm de altura. Estas formas de raíces están asociadas a puntos fixos de goteo.

ARQUEOLOXÍA
Na inclinada parede noroeste da cova hai un petroglifo realizado alomenos, en dúas épocas distintas.
Unha, datable contra mediados do século XX, na que se gravaron os cruciformes e o cálice que dominan o panel. Caso semellante deste tipo o coñecemos na Penisa ou Pinisa, Castro Carabela de Baiona, datado explicitamente polo veciño que o fixo en 1934. Entre os cruciformes do petroglifo da cova d´A Raís, existen diferencias de estilo e de técnica de gravado que nos fan coidar en dúas máns distintas.
Outra época datable na Prehistoria Recente xa que, polo tipo de suco, a súa pátina e mesmo polos motivos representados, as figuras situadas contra o interior da cavidade indican unha novidade arqueolóxica en Galiza que debería agardar con optimismo futuros estudios que concreten a súa cronoloxía e circunstancias con maior precisión.
A maiores, obsérvase como os gravados continúan por baixo do actual piso da cova.

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 24-29

Synonyms

A da Raís, A Mina da Raís, A Cova da Raís

Location

O rego de auga que nace nos Arruídos Darriba e baixa polo desaparecido Escorreghadouro e polos Foros da Raís; muito antes de chegar o Muíño do Asubío, pasa pola cova d’ A Raís. Achegámonos por baixo e ó Norte do Arruído. A cavidade localízase nunha estrutura lateral desplomada sobre o curso fluvial d’A Raís e que máis abaixo nomean como A Regheira das Cruxeiras. Na actualidade o curso de augas só invade temporalmente a galería inferior.

Data sheet

DESENVOLVEMENTO (m):
__ 10 | 1
CLASIFICACIÓN:
Cova de bloques fragmentados ou covas de bolos erosionados
SUBTIPOS ASOCIADOS:
Covas de bloques
INFORMACIÓN XEOLÓXICA:
Rochas ígneas
Granitos de afinidade alcalina
Granito de dúas micas
FRACTURAS:
N140ºE – N30ºE
EXPLORACIÓN:
C.E. Maúxo 2003
TOPOGRAFÍA:
C.E. Maúxo 2003
ESPELEOTEMAS:
Costras férricas

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 24-29

Testimonies

"(…) A Tomada de Tía Amalia pola parte darriba do Escorreghadouro e despois arriba ven O Foro Aberto que nase ághua. O Foro Aberto, que as propiedades non están serradas e despois xa ven O Viveiro. Hai uns ulleiros alí, si. Iso é todo pola regheira que ven abaixo á Raís. O que lle chaman A Raís"
Casimiro Rodríguez Carreras, de Piñeiro, de 70 anos, Ref. TOD & ARF 08/02/05

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles es un proyecto que apuesta por la defensa y la puesta en valor del patrimonio de la parroquia de Vincios y de la Serra do Galiñeiro.

Se trata de un acercamiento virtual a una realidad territorial rica y compleja a través de mapas nos hacen descubrir historias, topónimos, molinos, cuevas, yacimientos arqueológicos, leyendas, músicas y tantos otros elementos que configuran la identidad de este lugar.

La Comunidad de Montes de Vincios lleva años promoviendo la multifuncionalidad de un espacio vivo, con infinidad de posibilidades tanto productivas como ambientales o de ocio. Un lugar especial en el que conviven la obtención de recursos naturales con la pasión por la naturaleza en todas sus formas y actividades, así como la conservación de las tradiciones, los valores naturales y del patrimonio cultural.

Agenda de eventos (en gallego)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nosotros

Tu nombre (requerido)

Tu Email (requerido)

Asunto

Mensaje

Acepto la Política de Privacidad