cartografias_sensibles_vincios_gondomar_monte_natureza_covademo_0498

A Casa do Demo

Manolo 'O Pisco' fala dun abrigheiro usado por canteiros similar á Casa do Demo no monte de *

Esta cueva fue empleada como fragua por los canteros de Vincios

<En gallego> A cova comenza nun cono de captación das augas. Unha estrutura de bloques e núcleos residuais moi compactados e escalonados (mesmo con vexetación por riba), que determinan unha zona de absorción e circulación difusa do río. A estrutura de bloques drena o curso fluvial normal, e só cando a corrente baixa torrencialmente dase lugar a unha pequena fervenza a favor do escalonamento. Chégase así á sala principal, a estancia, de considerable altura que está formada pola acumulación de bloques caídos sobre o curso de auga. O piso é practicamente plano e está formado por bloques menores xunto con limos arenosos e orgánicos; ten comunicación directa co exterior.
No salón principal temos galerías laterais que progresan entre bloques fragmentados amparados contra laterais de rocha contínua. A estrutura de caos de bloques queda patente na extrema da galería ó penetrar baixo a zona de absorción. Finalmente, a zona de surxencia caracterízase aquí por dous grandes bloques que teñen favorecido a estrangulación do curso fluvial e a consecuente colmatación da sala principal. A estrutura exterior mostra como o sistema se orixinou nun chanzo da ladeira, de dirección N30°E, favorecido pola acción remontante da doira.
Destaca-lo zapamento perimetral do escarpe principal.

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 34-37

Synonyms

A Cova do Demo, A Cova da Moura (Zamáns)

Location

A Casa do Demo queda en Vincios ó sur da Touba do Brión - Cobreiras, no seguinte canón e doira regueira. A cova queda pois por baixo de Auga da Laxe e Cova da Vella, dominando polo nacente o amplo monte e as canteiras da Estoca, por riba dos barrios de Brandufe e Os Arcos.

Data sheet

DESENVOLVEMENTO (m):
__ 38 | -2
CLASIFICACIÓN:
Covas de bloques fragmentados ou covas de bolos erosionados
SUBTIPOS ASOCIADOS:
Covas de bloques
INFORMACIÓN XEOLÓXICA:
Rochas ígneas
Granitos de afinidade alcalina
Granito de dúas micas
FRACTURAS:
N22ºE
EXPLORACIÓN:
C.E. Maúxo 1999
TOPOGRAFÍA:
C.E. Maúxo 1999, 2003
ESPELEOTEMAS:
Opalo-A
Complexos orgánicos

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 34-37

Testimonies

"(...) un laxón enriba doutro, un laxón enriba doutro pero grande eh! largho, largho. Nós xogabamos debaixo, alí non nos mollabamos, ainda aínda [que] chovera non nos mollabamos así debaixo; era... debaixo a brincar, alí uns cos outros alí debaixo [ri] a brincar alí coas flautas [case seguro: flautas de cana]... ¡Era un laxón ghrande eh!; tiña máis de trinta metros. Alá dentro, con muito [que] chovera, nunca ch'iba a chuvia pa dentro. Decorría, decorría pra forafóra, pa dentro nunca iba... Era todo unha lapa, unha lapa de pedra por riba doutra... [Dentro] non tiña máis ca cun ghranchón, un ghranchón escuro por alá pa dentro e non tiña nada máis, despois entraban naquel ghranchón ghrenchón, volvían a salir pra fora... e xoghaban alá dentro (...) Tiña así un grenchón pa subir, entraba polo ghrenchón pa dentro. Pero un día mireime alí apurado... alí tomei algho de medo, ro ho que... andara sólo ¡chaval!, entrén alí e, entrén, entrén ó ghrenchón... vou por alá pa dentro e empeso apalpa, apalpa pero apalpei uns cornos. ¡Ai os cornos do demo, recristo! [ri]... Apalpar apalpaba, apalpaba pero estrabuxaba e [segue a rir] tamén valeu o meu medo... E por fin, je, mirei que non eran e vin a quedar conforme. Íbamos brincar pra alí. E había que pasa-lo día alí con algho. Despois viñeron, ¡non lle deberon de permitire! Un parvo, alí de Valladares, escangallou todo e, pra nada, pa rompelo, porque pra outra cousa non daba... Escangallou todo, deulle, meteulle un barreno enriba e tiróu con todo polo airo... pra nada, pro que aquilo non, non prestaba... despois nós inda seghimos andar alí, inda seghimos como era, era mui ghrande sempre... a nosa, a nosa brinqueta foi sempre alí. Alí, alí xoghabas xoghabas moito"
Jose Bernardo Piñeiro Fernández, de Brandufe, de 99 anos REF Ref. CEM 11/01/03

“Alí era onde, cando andaban os canteiros aquí no monte, apuntaban os picos alí, alí, tiñan alí a zapra e tiñan o ai yunque e o martillo e o pío da pedra para apuntar os picos alí (…)”.
José Vila Costas, de Piñeiro, Vincios Ref. TOD.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles es un proyecto que apuesta por la defensa y la puesta en valor del patrimonio de la parroquia de Vincios y de la Serra do Galiñeiro.

Se trata de un acercamiento virtual a una realidad territorial rica y compleja a través de mapas nos hacen descubrir historias, topónimos, molinos, cuevas, yacimientos arqueológicos, leyendas, músicas y tantos otros elementos que configuran la identidad de este lugar.

La Comunidad de Montes de Vincios lleva años promoviendo la multifuncionalidad de un espacio vivo, con infinidad de posibilidades tanto productivas como ambientales o de ocio. Un lugar especial en el que conviven la obtención de recursos naturales con la pasión por la naturaleza en todas sus formas y actividades, así como la conservación de las tradiciones, los valores naturales y del patrimonio cultural.

Agenda de eventos (en gallego)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nosotros

Tu nombre (requerido)

Tu Email (requerido)

Asunto

Mensaje

Acepto la Política de Privacidad