cartografias_sensibles_vincios_gondomar_monte_natureza_toubabrion_0808

Touba do Brión-Cobreiras

There are more caves and blocks in Arruído, including a cleft 18 m deep in A Gherencha do Brión.

<Galician> Este complexo está constituido por varias covas e formas graníticas asociadas cun esvaramento estrutural segundo os planos de laxamento do antiforme Pedraghullo-Cabezo dos Arruídos.

O conxunto está integrado polas seguintes covas:
• A fisura principal ou Ghrencha do Brión.
• As formas de alteración relacionadas co plano de laxamento: catro lapas, algunha superando os 5 m de desnivel.
• As estruturas residuais de bloques emprazadas na segunda trincheira.
• A depresión (circo) no escarpe do esvaramento ou Mina do Brión.
• O sistema de bloques fragmentados ou erosionados de Cobreiras ou Cabreiras, no que destacamos fundamentalmente a cova Cobreiras II, orixinada baixo do talude, nas lindes do frente de esvaramento desta vertente.
As zonas escuras do complexo están relacionadas coas estruturas de bloques e mailas frontes zapadas e lapas.
As fisuras que constituen as ghrenchas son grandes rachaduras a ceo aberto.

 

ESPELEOTEMÁTICA E FORMAS
O complexo destaca polos conxuntos de concrecións de ópalo (brotoidais e aciculares) e mais pola presencia de diversas colgaduras de caolín con desenvolvemento de microgours superficiais.
Sen dúbida o conxunto máis espectacular o consiguen as concrecións orgánicas atopadas en Cobreiras II.
Entre as formas máis relevantes destacan as distintas lapas subhorizontais e subverticais localizadas ao longo do complexo. (Ver láminas). O seu desenvolvemento está claramente asociado cunha banda de cizalla coincidente coa estrutura de laxamento local.
Na valgada de Cobreiras observáronse formas asimilables cun pseudokarren incipiente. Nalgúns bloques aillados atopáronse pías (gnammas) de tamaño centimétrico. No interior dunha das lapas atópase unha gran pía de tamaño métrico e fondo plano relacionada cunha discontinuidade do laxamento.

 

ARQUEOLOXÍA
Descoñécense restos materiais de ocupación ou uso destas covas durante a prehistoria. Con todo, e como nunca foi estudiada arqueoloxicamente, repárese só na veciñanza da Touba do Brión coas mámoas da Chan dos Arruídos, os petroglifos de Auga da Laxe ou da industria paleolítica localizada na Laghoa dos Bromús, etc. Todos, no radio dos 15 a 20 minutos de distancia dende o exterior do complexo soterrado de A Touba do Brión – Cobreiras.

 

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 15-24

Synonyms

A Ghrecha do Brión, A Mina do Brión, A Cova do Brión, Outeiro do Brión, Cobreiras Darriba, Cobreiras Dabaixo, Cabreiras, Fonda e Fondo do Arruído

Location

A Touba do Brión e as veciñas covas de Cobreiras dominan o Pedraghullo que fai linde do Arruído. Queda na vertente Sur do Cabezo dos Arruídos contra Cobreiras, lugar tamén chamado Cabreiras e que queda por riba do Ficho e d´A Fonda do Arruído. Estamos pois, acubillados por baixo do Curro Vello, na Chan do Monte dos Arruídos, zona veciña polo Norte á Aghua da Lax, Auga da Laxe, e á Laghoa dos Bromús.

Data sheet

DESENVOLVEMENTO (m):
__ 165 | 18
CLASIFICACIÓN:
Cova de fisura por esvaramento
SUBTIPOS ASOCIADOS:
Covas de bloques fragmentados ou covas de bolos erosionados
Covas de alteración (lapas)
Covas de bloques
INFORMACIÓN XEOLÓXICA:
Rochas ígneas
Granitos de afinidade alcalina
Granito de dúas micas
FRACTURAS:
N120ºE-N140ºE e N30ºE-N55ºE
Laxamento (cizalla) antiformal
EXPLORACIÓN:
C.E. Maúxo 2002 - 2003
TOPOGRAFÍA:
C.E. Maúxo 2002 - 2003
ESPELEOTEMAS:
Opalo-A
Complexos orgánicos
Caolín (alófono)

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 15-24

Testimonies

"Era un ghalo bo, un ghalo bo... Acórdome dos brións si. Eran vellos. E algúns deles xa tiñan cornos. Os cornos eran da misma pluma. Encarrapichaba andar arredor e formaban [fai rolo cos dedos no pelo da súa cabeza] formaban o corno aquel. Era mui bonito, era mui bonito [con] aqueles corniños así (...)
-"¡Mari, Mari!. [Pronunciado Moore, con voz profunda, grave e pechada]
- O Brión ten fome qu'está chamar por María. Decíamos nós. O Brión tiña fome que chamaba por María:
- ¡Moori.... Moori!
- Xa lle tarda a comida. Tárdalle a comida ó Brión.
E viña ó Brión. Íballa busca-la comida a Baiona.
- Ahí ven a Gharsa ca comida pró Brión.
A Gharsa entón íballe buscar comida ó mar a ó Brión. E o Brión que a esperaba aí e, despois, comíana» (...) tiña cornos que eran da misma pluma; da misma pluma encarrapichaba andar arredor e formaban [fai cos dedos no seu pelo] formaban o corno aquel, e alí. (...) Ainda era un ghalo bo, un ghalo bo. (...)
Unha ves chegharon alí uns de Vigho, eu andaba por alí co ghado e preghuntáronme por el:
-Ah. ¡Chaval!, ¿usted non miraría por aquí ó Brión oh!?
-Hai un pouco andaba ahí, andaba. Ha de vir.
- Mire, mire donde está. [ri e mira hacia enfrente e arriba]
e estaba arriba dun, nun carballo daqueles. E eles fóronse acercando, fóronse acercando, foron e déronlle un tiro, déronlle un tiro... a, na máis a lastimaron un pouco. E, a cuestión fue, e que colléronno e leváronno; leváronno, leváronno por arriba e despois tivéronno tivéronno embalsamado alá en Vigho pra... nunha vidriera ou alá... estuvo alá en Vigho embalsamado [ri] o brión aquel [ri] (...) O Brión; acordo eu A Touba do Brión, A Touba do Brión pa sempre, era A Touba do Brión."
José Bernardo Piñeiro Fernández, de Brandufe, 99 anos, Ref. CEM 11/01/03

 

“Aquilo para entrar alí, ¡miraches o altar que ten enriba! Entrando por baixo, indo así p'arriba. Enriba, p'a subir p'outro, ó segundo piso hai que subire creo que uns enriba doutros, eh, que si non non subides tampouco. D'ahí pasades arriba ó outro monte, polo medio da ghrencha esa pasades arriba ó outro monte, que lle chaman alí Donde Fumegha A Vella. Dun monte crusas a outro, pero polo medio d’A Ghrencha do Brión.
O Brión estaba indo p'arriba na parte dereita era aneghrado, medio neghro medio acastañado, quen era castaña era ela, A Gharsa era acastañada. E criábanse, empesaron a criar e tal pero despois, d'ahí veñen os casadores empesaron a matar nelas e quedamos sin nada. Iso matáronnos, acabouse todo; ó acabar coa rasa ¿que! non é nada (...)
A Gharsa mirábase polo día tamén o malo, o que nós, mirábalas pero cando andabamos alí co gado, coidado pois alí tamén había unha tanda de raposas que nin diola, eh, daquela había ghatos bravos, e un cando miraba unha cousa desas, [xesto coas mans de liscar dalí] (...) O Brión era mui fuerte, ademáis xa non voaba. Voaba ó mellor de penedo en penedo pero a pouco distancia. Estaban os dous alí deitados. Estaban deitados no mismo niño. Eses vivían vran e inverno no mismo niño. Ela era máis sensilla, m'acorda a min. Moitas veces iamos nós alí miralos (…).
Nos eramos pequenos, iamos miralos sempre con xente maior. Nós alá non iamos, tiñamoslle medo e máis (...). O Brión non lle daba medo, o que lle daba medo eran os ghatos bravos e raposas que había. Os ghatos bravos son malísimos, a raposa non, porque a raposa escápache pero o ghato bravo como lle dé tal venche a ti. Aghora non hai, os ghatos bravos por aquí si, tamén os eliminaron porque matáronnos pouco a pouco, pouco a pouco (...)”
Casimiro Rodríguez Carreira, de Piñeiro, 70 anos, Ref. TOD & ARG 08/02/05

About this project

Cartografías Sensibles is a project which aim is to protect and promote the value of the heritage in the Vincios parish and the mountain area of Serra do Galiñeiro.

It is a virtual walk around the wealthy and complex territory and with a help of maps we discover stories, names of places, mills, caves, archaeological sites, legends, music and many other elements that shape the identity of this place.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat.
Alberto Covelo (presidente da Mancomunidade de Vincios)

Events calendar (in Galician)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contact Us

Your Name (required)

Your Email (required)

Subject

Your Message

I accept the Privacy Policy