Ilustración: Iago Valverde
Ilustración: Iago Valverde

The Kidnappers Mouros

History of mouros that come into contact with humans

<Galician> Os mouros entraban ás veces en contacto cos seres humanos. En ocasións mercábanlles viño (que pagaban con ouro), pedíanlles pan ou solicitaban certos favores ás mulleres, como a asistencia ao parto dunha moura, ou aleitar e atender os seus pequenos. Outras veces, porén, eran quen de raptar nenos.
Iso foi o que sucedeu dunha vez en Prado (Morgadáns). Alí desaparecera unha cativa sen deixar rasto. Os pais, desesperados, buscaran a filla por todas partes; pero por máis que a buscaban, a rapaciña non aparecía. A nena tiña un irmanciño, que co paso do tempo se converteu nun mozo en idade de facer o servizo de armas. Din que fora destinado a África e que dunha volta, levando a abrevar o seu cabalo a unha fonte, topouse nela cunha fermosa moura cantando. O romance que segue foi recollido en Vilas (Morgadáns), existindo cando menos unha versión semellante no viciño lugar de Prado:

ROMANCE DA CAUTIVA
“El día de los torneos
pasé por la morería.
Oí cantar a una mora
frente a una fuentecilla
- ¿Qué haces ahí, mora bella?
¿Qué haces ahí, mora linda?
- No soy mora, caballero,
soy cristiana y cautiva,
que me cautivan los moros
desde pequeñita y niña.
- ¡Si no eres mora, caballero
venga a mi caballeriza!
- ¿Y los pañuelos que lavo,
dónde yo los dejaría?
- Los de hilo y los de seda
para mi caballeriza,
y los que no valgan nada
por la corriente se tiran”

Pérdese aquí unha parte do romance, na cal a rapaza recoñece a terra onde vivira cos seus pais e o seu irmán. Cando pronuncia os seus nomes, el comprende que a moza que leva no cabalo é realmente a súa propia irmá. A narración recupérase coa chegada de ambos os dous irmáns á casa matriz:

“- ¡Ábreme la puerta, madre,
ventanas y celosías,
que aquí le traigo un tesoro
por quien llora noche y día.
Pienso que llevo una mora
y llevo una hermana mía”

O presente romance aparece mui espallado polo mediodía europeu. Recoñecémolo no portugués Romance da Infanta de França, nalgunhas composicións do romanceiro español contemporáneo, como o Romance de Don Bueso, e mui especialmente no intitulado El día de los torneos, que é practicamente idéntico ao noso. Recentemente recollemos unha versión deste mesmo romance cáseque completa de boca dunha viciña de La Bañeza (León).

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Afonso. A memoria da pedra. Lendas do monte Galiñeiro. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 141-142

About this project

Cartografías Sensibles is a project which aim is to protect and promote the value of the heritage in the Vincios parish and the mountain area of Serra do Galiñeiro.

It is a virtual walk around the wealthy and complex territory and with a help of maps we discover stories, names of places, mills, caves, archaeological sites, legends, music and many other elements that shape the identity of this place.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat.
Alberto Covelo (presidente da Mancomunidade de Vincios)

Events calendar (in Galician)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contact Us

Your Name (required)

Your Email (required)

Subject

Your Message

I accept the Privacy Policy