cartografias_sensibles_vincios_gondomar_monte_natureza_penedo_pias_0380

O Penedo das Pías

We are in front of rare and representative examples of prehistoric grinders preserved from granitic cavities.

<Galician> En realidade, máis que ante unha cova, estamos ante un frente lixeiramente extraplomado que se orixinou na base dunha estrutura pseudo-acastelada formada sobre un bloco residual da chaira. Parte da estrutura foi destruída por facer pedra para canteiría. Con todo, como o bloco está afectado lonxitudinalmente por varias discontinuidades N30°E con forte buzamento, os traballos de extracción da pedra provocaron a fisuración da masa principal do bloco inutilizándoo. A parte comida do cotarro aproveitouse.

FORMAS DE ALTERACIÓN
A parte superior do penedo presenta varias pías. A maior ten un diámetro medio de 180 cm, cunha profundidade de 30-40 mm. Tódalas formas de alteración orixinadas sobre o lombo do penedo están afectadas (asociadas) coa fractura principal N30°E que ten favorecido a formación de executorios e drenaxes que destrúen as pías.

ARQUEOLOXÍA
Na base do bloque, no que queda do abeiro, hai un grupo de Muíños Rupestres (Fdez. Pintos, Xulio, 1987, 1993: 75-95), bases de moer ou durmintes de moenda manual, prehistóricos, feitos normalmente sobre a superficie das laxes graníticas ó aire libre onde, ademais, acostuma haber gravados petroglifos, de coviñas e sobre todo de combinacións circulares, motivos non funcionais posteriores ó uso das piletas de moer.
Estamos ante un caso dos raros e representativos exemplos que se conservan de cavidades graníticas con muíños prehistóricos deste tipo: Coto da Moura (Chaín, Gondomar), Outeiro das Campanas (Camos, Nigrán), Peneites (Chandebrito, Nigrán), A Lapeira de Mesadouro (Aldán, Cangas)… O lugar linda polo mediodía co campo de mámoas do Monte dos Arruídos, ou da Laghoa dos Bromús como tamén se lle chama.

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 40-42

Synonyms

Arruídos Darriba, Abrigheiro do Monte dos Arruídos

Location

Nos Arruídos Darriba, practicamente nos lindes da grande chaira que ven dende A Laghoa dos Bromús e que aquí se chancea a favor das fracturas de dirección N30°E a formar a cabeceira do curso do Río da Raís ou Regheira das Cruxeiras.

Data sheet

DESENVOLVEMENTO (m):
__ 4 | 0
CLASIFICACIÓN:
Cova formada por bloques rotos
SUBTIPOS ASOCIADOS:
Covas de bloques
INFORMACIÓN XEOLÓXICA:
Rochas ígneas
Granitos de afinidade alcalina
Granito de dúas micas
FRACTURAS:
N 30ºE – N140ºE
EXPLORACIÓN:
C.E. Maúxo 1999
TOPOGRAFÍA:
C.E. Maúxo 2004
ESPELEOTEMAS:
Non hai

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 40-42

Testimonies

"Se llega a ella por el camino que desde Vincios se dirige a Prado. La encontramos en el margen derecho y a poca distancia de Auga da Laxe. Allí nos encontramos con el Penedo das Pías, en cuya cima se hallan tres piletas, posiblemente de formación natural, y a los pies de la misma observamos otras piletas, esta vez rectangulares y de origen artificial, de las cuales se cree que estaban destinadas a moler el grano".
Rocío Figueroa Guisande, "Petroglifos de Auga da Laxe, Gondomar, Pontevedra y su entorno etnológico". Revista Pontevedra, Ed. Ecm. Deputación Provincial de Pontevedra, 2001, p. 124-125

About this project

Cartografías Sensibles is a project which aim is to protect and promote the value of the heritage in the Vincios parish and the mountain area of Serra do Galiñeiro.

It is a virtual walk around the wealthy and complex territory and with a help of maps we discover stories, names of places, mills, caves, archaeological sites, legends, music and many other elements that shape the identity of this place.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat.
Alberto Covelo (presidente da Mancomunidade de Vincios)

Events calendar (in Galician)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contact Us

Your Name (required)

Your Email (required)

Subject

Your Message

I accept the Privacy Policy