O cuberto do carro de Fortes

O cuberto do carro de Fortes / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Habitáculo escavado no xabre cun fondo de 3,50 m e ancho medio de 1,40. Sigue sendo útil á casa que o conserva por herdanza familiar e dereito consuetudinario

O cuberto atópase á dereita do acceso á vivenda, na beira do camiño enfronte da casa dos Fortes. O cuberto continúalle sendo útil á casa, que o conserva por herdanza familiar e dereito consuetudinario.
Trátase dun pequeno habitáculo escavado no xabre cun fondo de 3’50 m. O seu ancho medio é de 1'40 m, un pouco máis que o ancho do carro, e unha atura media de 1'05 m. Como curiosidade, o cortello está aberto en ángulo oblícuo con respecto á dirección do camiño e no borde da boca está gravada unha cruz latina.
Dos exemplos coñecidos este é o único no que puidemos ver o carro gardado dentro.

GARCÍA GARCÍA, Miguel & COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 96-97

Cartografías