cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonioinma_lendas_ouro_encantado

Enchanted Gold

Treasures found in the Sierra del Galiñeiro

<Galician> O número de tesouros encantados na serra do Galiñeiro é altísimo. Sabemos da localización dalgúns deles, mais é ben seguro que muitos outros aínda nos son descoñecidos. Contábanos un informante dos Cabreiros que, estando a facer o servizo militar en África, un mouro vello lle dixeran que a serra do Galiñeiro estaba chea de prata. Precisamente, ao pé da Lapa da Moura existe un olleiro coñecido como a Fonte da Plata. Era o ouro, porén, o elemento máis aracterístico dos tesouros dos encantos.
Aparecía en forma de barras de metal, ou no interior de barricas, fornos ou cornos. O máis habitual era, no entanto, que aparecera soterrado nunha mina, apresentándose comunmente en forma de moedas de ouro.
Ás veces, desencantar un tesouro implicaba coñecer unha frase ritual. Na noite de S. Xoán, por exemplo, un cabalo branco xurdía do Retrato da Capilla e camiñaba cara a Sepultura (Prado). Só recitando certo sortilexio de desencantamento se podía obter o tesouro escondido.
Levar unha sardiña viva dende o mar até o lugar onde se agochaba o tesouro era o xeito de o desencantar. Así sucede nas proximidades da capela de S. Xulián e na Sepultura. Neste último lugar, había unha sardiña gravada na mesma pedra. O procedimento para desencantar unha mina de ouro que alí había consistía en depositar sobre a pedra unha sardiña viva, levada até alí desde o mar… e houbo quen chegou até a beira mesma da Sepultura co peixe a coletear, mais nese preciso momento o animal morreu.
O ouro do Galiñeiro aparecía frecuentemente oculto no interior duns cornos. Estes recórdannos os cornos da abundancia das mitoloxías da prehistoria cos que os deuses fornecían aos humanos os alimentos e bens necesarios.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Afonso. A memoria da pedra. Lendas do monte Galiñeiro. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 143-144

About this project

Cartografías Sensibles is a project which aim is to protect and promote the value of the heritage in the Vincios parish and the mountain area of Serra do Galiñeiro.

It is a virtual walk around the wealthy and complex territory and with a help of maps we discover stories, names of places, mills, caves, archaeological sites, legends, music and many other elements that shape the identity of this place.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat.
Alberto Covelo (presidente da Mancomunidade de Vincios)

Events calendar (in Galician)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contact Us

Your Name (required)

Your Email (required)

Subject

Your Message

I accept the Privacy Policy