Sierra del Galiñeiro Horse Clipping

Sierra del Galiñeiro Horse clipping takes place second Sunday in July.

<Galician> Unha das manifestacións máis características e xenuínas do patrimonio etnográfico do noso país son os curros, ou rapa das bestas. No Val Miñor teñen un importante impacto social e mesmo un interese turístico de primeira orde. Dúas veces ao ano, os cabalos que viven ceibes no monte, deixan de selo por unhas horas.
Nas primeiras horas do día, os besteiros percorren a pé ou a cabalo dende Zamáns ata a Auga da Laxe, en Vincios, a onde dirixen as greas de cabalos.
No tramo final faise un pequeno cordon unindose cada persoa coa anterior mediante unha vara, sobre as 13:00 horas chegan cos cabalos ao recinto do curro. A partir deste momento sepáranse os poldros para evitar que os grandes os manquen. Pola tarde sepáranse os garanóns para evitar pelexas e de seguido cada gandeiro recolle os seus, un por un, para proceder á rapa das crinas e a desinfección do animal, momentos espectaculares nos que é usada unha vara e un lazo para a captura e manexo dos animais.
Os poldros que nacen cada ano tamén son controlados, marcados e desparasitados, as femias soltadas coas nais e a maior parte dos machos vendidos.
O recinto do curro de Vincios é rectangular e pechado en madeira a través de troncos distribuídos en horizontal; ten, ademais, dous pequenos anexos, adosados e tamén pechados en madeira, para separar os poldros e os garañóns, seguindo costumes herdadas secularmente.
O curro da Serra do Galiñeiro ten lugar o segundo domingo de xullo nas Chans da Auga da Laxe, na ava, orientada cara ao Val Miñor, do Monte Galiñeiro.
Vilar, Xosé Lois. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p. 68 – 69

About this project

Cartografías Sensibles is a project which aim is to protect and promote the value of the heritage in the Vincios parish and the mountain area of Serra do Galiñeiro.

It is a virtual walk around the wealthy and complex territory and with a help of maps we discover stories, names of places, mills, caves, archaeological sites, legends, music and many other elements that shape the identity of this place.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat.
Alberto Covelo (presidente da Mancomunidade de Vincios)

Events calendar (in Galician)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contact Us

Your Name (required)

Your Email (required)

Subject

Your Message

I accept the Privacy Policy