Fonte: Clube Espeleolóxico Maúxo

Castro de Xián

The main ancient settlement of the whole orographic complex of Montecastelo that dates back to the Iron Age.

<Galician> Trátase do principal asentamento castrexo de todo o conxunto orográfico de Montecastelo. Con certeza data da Idade do Ferro (III milenio ante de nós) se ben, a arqueoloxía constata ocupacións posteriores (medievais) e non se pode descartar que con anterioridade á cultura castrexa xa fose lugar fortificado.
O castro de Xián conta cun denso monte de toxos, silvas e xestas que viñeron logo do grande incendio de 1989, así como con poderosos desniveis naturais que case rodean o outeiro e que deixan aberta a posibilidade a algunha cavidade descoñecida.
Baixo a mesma Curita do Crasto, existe un pequeno abrigheiro natural coberto por unha longa biseira de nome: A Samanca, con todo sen catalogar neste libro.
O espigado coto onde se ubica o poboado fortificado domina o lugar de Xián dende o alto, ó suroccidente de Vincios, á sombra d’A Sidá, e controla o planalto septentrional de Montecastelo contra Vilaza, Parada e Camos. O castro, estratexicamente ubicado, controla así o paso natural entre o corredor do río da Rega e o val Miñor.
Ademais do asentamento castrexo, perfectamente coñecido e inventariado por Hidalgo Cuñarro e Costas Goberna, ainda que nunca investigado e posto en valor, existe outro patrimonio arqueolóxico que aumenta a relevancia deste lugar para clarificar a protohistoria e historia media deste territorio. Trátase de dous taboleiros gravados en dúas rochas do cumio do Castro de Xián; petroglifos históricos datables entre o século IX e o s. XIII. Actaulmente, séguese a xogar, alomenos en Baiona, co nome popular de “Riqui-Raque”, sendo coñecido globalmente como o xogo de “Alquerque de IX”.

GARCÍA GARCÍA, Miguel e COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 85-89

Synonyms

Os Cotros

Location

Os Cotros

About this project

Cartografías Sensibles is a project which aim is to protect and promote the value of the heritage in the Vincios parish and the mountain area of Serra do Galiñeiro.

It is a virtual walk around the wealthy and complex territory and with a help of maps we discover stories, names of places, mills, caves, archaeological sites, legends, music and many other elements that shape the identity of this place.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat.
Alberto Covelo (presidente da Mancomunidade de Vincios)

Events calendar (in Galician)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contact Us

Your Name (required)

Your Email (required)

Subject

Your Message

I accept the Privacy Policy