Ulex micranthus
Rañalobos
Erica umbellata e Pterospartum tridentatum

Thermophile Forest

Countryside of Vincios stands out due to its different plant units defining habitats of community service which are included in the Annex I of the directive 92/43/CEE.

<Galician> O clima é un dos factores máis importantes na distribución da vexetación. A temperatura, as precipitacións, a exposición ao sol… determina que as especies vexetais se poidan desenvolver nun lugar determinado. O tipo de vexetación denominada termófila non tolera grandes descensos de temperatura.

Trátase da asociación Erico umbellatae-Ulicetum micranthi, comunidade vexetal que entra dentro da grande variabilidade que presentan as breixeiras ibero-atlánticas, e manifesta unha forte influencia mediterránea. É unha asociación rica en endemismos, comezando polo toxo que na zona é coñecido como “rañete”, Ulex micranthus. Distribúese este toxo pola parte máis meridional de Galiza e pola área miñense de Portugal. Outra leguminosa de carácter endémico frecuente é o rañalobos (Genista triacanthos), que aparece na parte occidental da Península Ibérica. A ericácea máis común nesta comunidade é Erica umbellata. En zonas próximas á serra do Galiñeiro preséntase de maneira abondosa dentro desta asociación vexetal Succisa pinnatifida, endemismo galego-portugués que aparece recollido no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de “en perigo de extinción”.

Endemismos que conforman a matogueira termófila: o rañalobos (Genista triacanthus), o carrasco (Erica umbellata), os toxos (Ulex micranthus, Ulex minor), a violeta (Viola láctea), ou a carqueixa (Ptersopartum tridentatum, Lithodora prostrata)

Trátase na súa maior parte de aves. As máis delas teñen no mato o seu hábitat natural, mais non faltan as especies ecotónicas, que ocupan a zona de contacto entre as áreas abertas e o arborado. Outras especies son forestais, adentrándose en hábitats abertos na procura de alimento. Estas especies son na súa maioría sedentarias ou estivais, se ben algunhas delas só se observan na zona durante os pasos migratorios ou como invernantes (Oenanthe oenanthe, Anthus pratensis).
Unha das especies de aves citadas, a laverca (Alauda arvensis) ten diminuído muito en número na comarca durante as últimas décadas, até o extremo de que apenas se conservan unhas poucas poboacións. Este retroceso estase producindo agora a nível peninsular, a causa do abandono do campo. Dentro do grupo dos réptiles, quizais a especie máis representativa sexa o esgonzo común (Chalcides striatus).

Pérez, Paula. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.5 – 58

Parte do texto e imaxes: Afonso Rodríguez Rodríguez

About this project

Cartografías Sensibles is a project which aim is to protect and promote the value of the heritage in the Vincios parish and the mountain area of Serra do Galiñeiro.

It is a virtual walk around the wealthy and complex territory and with a help of maps we discover stories, names of places, mills, caves, archaeological sites, legends, music and many other elements that shape the identity of this place.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat.
Alberto Covelo (presidente da Mancomunidade de Vincios)

Events calendar (in Galician)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contact Us

Your Name (required)

Your Email (required)

Subject

Your Message

I accept the Privacy Policy