Rosa canina
Narcissus cyclamineus
Osmunda regalis
Athyrium filix-femina
Chrysosplenium oppositifolium
Primavera
Ra Ibérica
Primavera

Ribera Forest

Countryside of Vincios stands out due to its different plant units defining habitats of community service which are included in the Annex I of the directive 92/43/CEE.

<Galician> Arredor dos numerososregatos e ríos que discorren por Vincios, existe un rico e complexo bosque de ribeira no que destacan por igual a flora e a fauna.

FLORA:
A ribeira dos cursos fluviais é o medio idóneo para que árbores como o ameneiro (Alnus glutinosa), o bidueiro (Betula alba), a abeleira (Corylus avellana), ou os salgueiros (Salix atrocinerea) medren como especies dominantes. No substrato herbáceo están presentes: varias especies de fentos como o fento femia (Athyrium filix-femina), blechno (Blechnum spicant) ou o dentabrú (Osmunda regalis), as silveiras (Rubus spp), a abelairiña (Saxifraga spathularis), o freixo (Salix atrocinerea), o mallo (Narcissus cyclamineus)  e outras especies de plantas herbáceas menos coñecidas(Carex acuta, Epilobium obscurum, Molinia caerulea).

FAUNA:
Os anfibios como o pintafontes común, o sapo común, a ra verde (Rana perezi), a ra patilonga (Rana ibérica) e a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) ocupan as beiras. A cobra de colar (Natrix natrix) e cobra viperina (N. maura) comen as larvas dos anfibios mergullándose nos regatos e o lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) vixía dende a marxe máis soleada. Nas aves existe unha maior variedade que no resto dos grupos animais, así poderemos ver ao pincaouro (Carduelisspinus), a ocasional presenza do picapeixe (Alcedo atthis), o merlo azul (Monticola solitarius) e outros paxaros: verderolo, xirín e ferreiriño. Para as avesrapaces como o miñato (Buteo buteo) e o gabián (Accipiter nissus) o bosque de ribeira é unha boa zona de cría e alimentación, ao igual que para os mamíferos como o furaño común (Crocidura russula), o tourón (Mustela putorius), e o teixugo (Meles meles).

A lontra (Luttra luttra) está presente tamén neste tipo de hábitat, mais no río Zamáns ocupa cursos máis baixos, outro mustélido, neste caso o visón americano (Mustela vison) atópase entre a fauna bioinvasora debido á presenza de exemplares cimarróns procedentes das granxas nas cercanías.

Pérez, Paula. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.5 – 58

Fonte das imaxes: Afonso Rodríguez Rodríguez

About this project

Cartografías Sensibles is a project which aim is to protect and promote the value of the heritage in the Vincios parish and the mountain area of Serra do Galiñeiro.

It is a virtual walk around the wealthy and complex territory and with a help of maps we discover stories, names of places, mills, caves, archaeological sites, legends, music and many other elements that shape the identity of this place.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat.
Alberto Covelo (presidente da Mancomunidade de Vincios)

Events calendar (in Galician)

No hay eventos programados.

View Calendar

Contact Us

Your Name (required)

Your Email (required)

Subject

Your Message

I accept the Privacy Policy