cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_etnografia_cruceiro_figueiro

Cruceiro en Figueiró

Os cruceiros son xenuínas manifestacións da arquitectura popular galega. A longa cruz adoita estar asentada sobre unha plataforma e normalmente están situadas en cruces de camiños, límites de parroquias ou adros de igrexas

Situado a carón dun muro de cachotería que delimita unha parcela no lugar de Figueiro, á beira da estrada que une Figueiro e A Laxe, a carón da ponte que salva a autoestrada A-57, ó seu paso por As Canteiras, na parroquia de Vincios.
Cruceiro sobre un pedestal, de fuste cadrado e cantos achaflanados, coroado por un capitel decorado de tallas a modo de follas de acanto, tamén de sección cadrada, precedido por un colariño. Coroando o conxunto unha cruz en pedra con talla ornamental imitando a madeira e un Cristo de brazos en ángulo respecto ó da cruz.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade