
Cova da Vella
No lugar non existe cavidade algunha pero que manténse nome. Aparece asociado o mito da Vella.
Auga da Laxe
Por riba de Casa do Demo, subindo pola regueira que pasa por aquela cova, chegamos xunto duns penedos de fermosa aparencia e contorna. Para moita xente non ten nome; hai quen lle chama A Cova da Vella. Baixando dende o famoso petroglifo d’A Pedra das Procesións, Auga da Laxe, son malamente dez minutos andando.
CLASIFICACIÓN:
Abrigheiro
SUBTIPOS ASOCIADOS:
Covas de bloques
INFORMACIÓN XEOLÓXICA:
Rochas ígneas
Granitos de afinidade alcalina
Granito de dúas micas
EXPLORACIÓN:
C.E. Maúxo 2005
ESPELEOTEMAS:
Non hai
VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 38-39
“A Cova da Vella queda logo da Touba do Brión, pasando o Cabezo do Arruído e o Monte da Areeira… “
Delia Figueroa, de Piñeiro. Ref. CEM IV-2004
“A Cova da Vella éntralle a Aghua da Laxe, Os foros de Aghua da Laxe…”
Pepe Figueroa, de Piñeiro Ref. CEM IV-2004
“Dicían que estaba unha punta do Barco da Vella a beber do Regheiro do Esperón (o que baixa ós Arcos) pero son os colores do Sol, un circo ghrande no seo.”
Domingo Lorenzo Troncoso, da Serra, de 84 anos, Ref. CEM 08/01/05