cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_arqueloxia_coto_castelo

Coto do Castelo

Xacemento localizado na parte superior dun enorme batolito granítico, a [...]

Xacemento localizado na parte superior dun enorme batolito granítico, a modo de outeiro. A parte superior presenta unha superficie irregular, pero bastante horizontal e escalonada. Presenta unha forma alongada en dirección NO-SE, cunha lonxitude de 18 m. e un ancho variable, que ronda os 9 m. Ten abruptos escarpes en todo o seu perímetro, como mostra visible das boas defensas naturais que posúe o enclave. Non se apreza ningún posible acceso a el. Algunhas rochas presentan rebaixes de diferente tipo: no extremo NO poderían estar vencellados con algún armazón de madeira; outros quizais servisen para encaixar pedra. Destaca o existente na parte central do outerio, a modo de chanzo,que permite o tránsito entre as pedras. Os restos cerámicos son bastante abundantes, tratándose de restos de tella curva (árabe ou do país) e vasilas.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade