cartografias_sensibles_vincios_gondomar_comunidade_musica_brion2

Coro tradicional Cantares do Brión

Coro Tradicional constituido en marzo de 2010 e integrado por 65 persoas

O Coro Tradicional Cantares do Brión do Centro Cultural de Vincios constituíuse formalmente en marzo de 2010. Recoñécese continuador dos coros tradicionais que a finais do século XIX e comezos do XX resultaron fundamentais para o rexurdimento da cultura galega.
Entre os seus propósitos principais está a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional, asumindo aquelas palabras que Valentín Paz Andrade colocou no seu libro Galicia como tarefa: “Témo-la obriga de manter a tradición cultural recibida, anovándoa e actualizándoa; de engrosar o seu caudal coas nosas voces, coa parcela de verdade por nós conquistada, co recendo do noso tempo… para transmitilo todo aos nosos fillos.”
Baixo a dirección de Pablo Rial Salgueiro e presidido por Xosé Manuel García Crego, o Coro Tradicional Cantares do Brión está integrado na actualidade por 65 persoas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, Baixo Miño, Pontevedra ou Vigo.
No seu repertorio de pezas tradicionais e de autor destacan as pandeiradas, foliadas, maneos, muiñeiras e alalás.

Instituto de Estudos Miñoranos. II Encontro de Coros Tradicionais “Cantares no Miñor”.Venres, 18 Xaneiro 2013 23:20. web: <http://www.minhor.org/component/content/article/39-novas/727-ii-encontro-de-coros-tradicionais-qcantares-no-minorq>

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade