cartografias_sensibles_vincios_gondomar_comunidade_musica

Charanga Va K Pinta

Amenizan todo tipo de eventos ao longo da xeografía galega con un amplo repertorio.

A finais do ano 2008 un grupo de amigos aficionados á música deciden reunirse para formar a Charanga Va K Pinta. Nos magostos dese mesmo ano comezaron a darse a coñecer.

Na actualidade amenizan todo tipo de eventos por toda a xeografía galega con un amplo repertorio moi variado abarcando estilos de música como a salsa, o merengue, os pasodobres, os mambos e temas de actualidade

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade