Fonte: Clube Espeleolóxico Maúxo
Fonte: Clube Espeleolóxico Maúxo

Castro de Xián

O principal asentamento castrexo de todo o cunxunto orográfico de Montecastelo datado na Idade de Ferro

Trátase do principal asentamento castrexo de todo o conxunto orográfico de Montecastelo. Con certeza data da Idade do Ferro (III milenio ante de nós) se ben, a arqueoloxía constata ocupacións posteriores (medievais) e non se pode descartar que con anterioridade á cultura castrexa xa fose lugar fortificado.
O castro de Xián conta cun denso monte de toxos, silvas e xestas que viñeron logo do grande incendio de 1989, así como con poderosos desniveis naturais que case rodean o outeiro e que deixan aberta a posibilidade a algunha cavidade descoñecida.
Baixo a mesma Curita do Crasto, existe un pequeno abrigheiro natural coberto por unha longa biseira de nome: A Samanca, con todo sen catalogar neste libro.
O espigado coto onde se ubica o poboado fortificado domina o lugar de Xián dende o alto, ó suroccidente de Vincios, á sombra d’A Sidá, e controla o planalto septentrional de Montecastelo contra Vilaza, Parada e Camos. O castro, estratexicamente ubicado, controla así o paso natural entre o corredor do río da Rega e o val Miñor.
Ademais do asentamento castrexo, perfectamente coñecido e inventariado por Hidalgo Cuñarro e Costas Goberna, ainda que nunca investigado e posto en valor, existe outro patrimonio arqueolóxico que aumenta a relevancia deste lugar para clarificar a protohistoria e historia media deste territorio. Trátase de dous taboleiros gravados en dúas rochas do cumio do Castro de Xián; petroglifos históricos datables entre o século IX e o s. XIII. Actaulmente, séguese a xogar, alomenos en Baiona, co nome popular de “Riqui-Raque”, sendo coñecido globalmente como o xogo de “Alquerque de IX”.

GARCÍA GARCÍA, Miguel e COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 85-89

Synonyms

Os Cotros

Location

Os Cotros

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade