Fonte: Clube Espeleolóxico Maúxo
Fonte: Clube Espeleolóxico MaúxoNo centro do petroglifo o taboeiro gravado, á dereita superior coviñas, cazoletas e círculo

Castro de Mendes

O nome non fai referencia a un poboado castrexo. Trátase dun conxunto de petroglifos gravados polas rochas do coto

A diferencia dos anteriores dous castros de Vincios, o topónimo deste lugar de Xián –“Castro Méndez”- non semella facer referencia a un poboado castrexo70. O que si existe en Castro Mendes é un variado e curioso grupo de petroglifos gravados polas rochas do coto71. Así, resulta que Castro Mendes si foi frecuentado e/ou ocupado no pasado, ainda que non en tempos castrexos. Ademais, foino en alomenos dous momentos distintos.
Un dos petroglifos situado no cumio do lugar é claramente un taboleiro gravado para algunha variante do xogo de estratexia coñecido en Roma como ludus latrunculorum, o xogo dos ladronciños, “denominación dada a los peones o fichas que robaban las del contrario y que se jugaría sobre las intersecciones de las líneas, combinando la alineación de las fichas, los saltos para comer fichas y las tiradas de dados72.
Por unha inscripción latina asociada a un taboleiro similar existente no Castro de Morade (Baíña, Baiona) dátanse entre os séculos I e o III da nosa era. Estaríamos, pois, ante un lugar frecuentado en tempos galaico-romanos. Ó respecto, outros petroglifos deste lugar poderían ratificar este momento protohistórico.
Algúns outros petroglifos de Castro Mendes apuntan épocas prehistóricas. Un pequeno abrigheiro natural, nin sequera por nós catalogado como cavidade, completa o interese rupestre deste lugar de Vincios.

GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Cavidades, Castelos e Castros. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 165-187

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade