Fonte: Clubes Espeleolóxico Maúxo
Fonte: Clubes Espeleolóxico MaúxoVista dun dos muros do lugar do Castro; posiblemente non teñan nada que ver co suposto recinto castrexo

Castro da Matanza

Castro que adoitou o novo nome debido ás matanzas que alí aconteceron no inicio da Guerra Civil.

En 1936 trocou o nome que tiña de vello, Monte do Castro, O Castro, debido as matanzas que aí aconteceron trala desaparición da II República Española en Galicia. Os traidores, garda civís, falanxistas e civís voluntarios que acometeron a “limpeza” ordenada polos militares alzados, asasinaron tamén neste lugar de Vincios.
Logo, tiñan por costume obrigrar a algúns veciños a, cos seus carros de bois, ir levantar os cadavres dos xustos alí tirados.
Localízase este castro no estratéxico outeiro que domina o paso entrámbalas beiras de Vincios, entre O Tumbio e Os Casás, e as vías naturais de tránsito entre Vincios e o resto do val Miñor. Polo norte controla o camiño do Zapal e polo sur Os Arcos. As defensas naturais contra o Noroeste contrastan coa ampla e achanzada superficie suroriental do outeiro. Do castro como xacemento arqueolóxico, intúense terrazas que cómpre non confundir cos socalcos e os valados que teñen adaptado o suposto castro ás necesidades labregas posteriores.
A maiores, tampouco se aprecian á vista restos de cimentación, nin defensas artificiais, nin se lle coñece achádego algún66 ó que se lle une non existir aquí nengunha cavidade.

GARCÍA GARCÍA, Miguel e COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 85-89

Synonyms

Monte do Castro, O Castro

Location

entre Tumbio e os Casás

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade