cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_etnografia_casa_rectoral

Casa Reitoral

Casa Reitoral próxima á Igrexa parroquial de Santa Mariña de Vincios

Sitúase enfronte á Igrexa parroquial de Santa Mariña de Vincios, á beira esquerda do camiño que une Hervillas e A Veiga,a carón do Centro Cultural, na parroquia de Vincios.
Construción de planta en forma de L irregular, realizada con muros de cachotería e encintado, con cuberta a dúas augas en tella plana e con limas en tella curva. Construción con dous andares con pequenos vans de forma rectangular nos seus paramentos.
Pechando o conxunto un muro de cachotería con acceso mediante un oco adintelado e coroado por unha cruz de sección rectangular, aparecendo no remate superior do muro almenas ós lados da cruz.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar. Ficha Nº 10.04-AR

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade