Fonte: Departamento de Orientación da Universidade de Vigo
Fonte: Departamento de Orientación da Universidade de Vigo
Fonte: Departamento de Orientación da Universidade de Vigo
Fonte: Departamento de Orientación da Universidade de Vigo

Carreiras de orientación

Realizar un percorrido no menor tempo posible, coa información extraída do mapa e a axuda dun compás como único instrumento

Consiste nun percorrido de lonxitude e dificultade variable debuxado nun mapa e materializado no terreo por balizas. O obxectivo da carreira é realizar este percorridono menor tempo posible, coa información extraída do mapa e a axuda dun compás como único instrumento.
Ademais dunha actividade ao aire libre, considéranse coma unha actividade vinculada a Educación Ambiental tanto polas súas normas e regulamentos como polo compromiso de respecto ao medio ambiente queimpregna aos seus practicantes.
A Orientación debemos pensala como unha actividade que nos permitirá desenvolver cunha maior autonomía no medio natural; descubriremos nela unha metodoloxía de desenvolvemento da condición física moito máis entretida e divertida que outras que xa coñeciamos; que nos servirá para ampliar os coñecementos en determinados temas (mapas, xeografía, compases,…); e para rematar coñecer en maior ou menor profundidade un deporte que é descoñecido para a maioría e poder participar nas súas competicións, nas asociacións, Agrupacións de clubes, federarnos…

ORIENTACIÓN NO GALIÑEIRO
O clube da Universidade de Vigo de carreiras de orientación fundouse no ano 2001. Para poder levar a cabo estas carreiras polo Monte Galiñeiro, levantouse un plano do monte no 2003 grazas a sección de Orientación da Universidade en colaboración cun cartógrafo búlgaro facendo os traballos de campo e grazas tamén a un informático para realizar o debuxo final. A finais de Febreiro do 2003 saía a luz o debuxo que representa unha superficie de 7,5 Km2 da parte Norte, Noroeste e Oeste da Serra do Galiñeiro.
Dende aquela e ata o ano 2011 realizouse anualmente a Carreira da Liga Galega de Orientación no Galiñeiro. No ano 2008 celebrouse o Campionato de España Universitario de Orientación e cada ano Centros de ensino de Gondomar e Vigo levan aos seus alumnos a practicar a Orientación á Serra do Galiñeiro

A ORIENTACIÓN NA EDUCACIÓN

A actividade está enfocada, sobre todo, ao disfrute da propia aprendizaxe máis que ao aspecto agonístico ou condicional. Pódese practicar sen a necesidade de ter que gañar, e que ninguén se sinta superior.

A orientación ofrece a tódolos participantes as mesmas posibilidades, non hai gañadores, nin discriminacións entre sexos. É unha actividade que leva implícita moitas máis áreas de coñecemento, onde a psique e o razoamento teñen un protagonismo importante. Dá a coñecer outros modelos diferentes de actividade física, que os alumnos poden emplear no seu tempo libre e á cal lle poden dar continuidade o longo da vida. Podemos consideralo unha aprendizaxe espontánea e libre, que influirá, positivamente, nas aprendizaxes futuras. Constitúe unha forma de desenvolver as cualidades físicas dende unha perspectiva de xogo, mellorando, con iso, a forma física e o estado de saúde.

As actividades de iniación á orientación teñen a gran vantaxe de poder adaptarse aos gustos e posiblidades de tódolos participantes. Pódense facer en case calquera espazo, tanto natural coma artificial, podemos variar a velocidade (andando ou correndo),  e podemos facilitar ou non os percorridos con menos ou máis nivel de detalle.

A orientación incide directamente no desenvolvemento de aptitudes psicomotrices, favorecendo a capacidade de toma de decisións.  En todo momento estase interrelacionando o que se ve no plano co entorno máis inmediato.

RESPETO DO MEDIO NATURAL E RISCOS PARA O ENTORNO:

O deporte de orientación axuda á persona a valorar a natureza como un elemento necesario para o desenrrolo humano. A experiencia en distintas carreiras e entornos fan entender o medio natural como un ser vivo, cheo de diversidade. Os organizadores das probas de orientación comparten esta sensibilidade, facendo primar os valores do medio na organización. En certos casos, a proba de orientación deixa a zona da carreira en mellor estado do inicialmente atopado xa que a organización revisa os recorridos antes e despois da carreira.

O corredor:

O corredor de orientación é responsable co uso do monte, evita deixar marcas ao seu paso e respeta a paisaxe e a variedade. O corredor entra no monte dunha forma solitaria con un solo obxectivo: localizar os puntos do recorrido e completalos correndo ou camiñando.

O recorrido:

O paso do corredor polo monte é inapreciable. A erosión que se produce é nula, pois a carreira faise a pé e cada corredor escolle un recorrido diferente.

O material:

A organización introduce no monte tres elementos durante a carreira.

1. Estacas e cintas que acotan as zonas e que se recollen unha vez finalizada a carreira.

2. Balizas compostas por unha estaca, un prisma de nylon e unha pinza marcadora (de plástico ou electrónica). Ésta última controla o paso dos corredores. Instálase antes da proba e recóllese unha vez finalizada.

3. Botellas de auga de plástico que solamente se poden consumir nun pequeno espacio habilitado de uns 20 metros cuadrados coa intención de que os corredores non as leven e as deixen en calquera lugar.

 Clube de Orientación da Universidade de Vigo

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade