Ilustración: Iago Valverde
Ilustración: Iago Valverde

Cantigas de Casamento

Eu caseime e engaioleime. Cambiei a prata por cobre. Din [...]

Eu caseime e engaioleime.
Cambiei a prata por cobre.
Din a miña liberdade
por moeda que non corre.

Casadiña de tres días
dime que vida é a túa
se o saben as solteiras
non se casa ningunha.

Miña nai por me casar
prometeume bois e vacas,
agora que estou casada
deume unha cunca de papas.

Miña sogra morreume onte
enterreina nun palleiro
deixeille un braciño fora
para que tocara o pandeiro.

O día en que eu me case
Deus queira que non apareza
nin cura nin sacristán
nin as chaves da igrexa.

Eu caseime por un ano
para ver que vida era,
o ano vai acabando,
solteiriño quen me dera.

Heime de casar en Vincios
terra de moito pan,
o forno da miña sogra
cría silvas polo verán.

Eu queríame casar,
miña nai dime que é cedo
ela como está casada,
non sabe as ganas que eu teño.

VV.AA. Contos e lendas da parroquia de Vincios. Asociación de veciños ‘Galiñeiro de Vincios’

 

 

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade