Toxo arnal
Gladiolo bravo (Gladiolus illyricus)
Erica umbellata
Carrasca amarela (Halimium lasianthum)
Cabalo de monte (Equus ferus atlanticus)
Abrótea (Asphodelus lusitanicus)

Carrasqueira Seca Europea

Vincios conta cun espazo natural que destaca polas diferentes unidades de vexetación que conforman hábitats de interese comunitario incluídos no Anexo I da directiva 92/43/CEE

As breixeiras secas europeas son comunidades vexetais arbustivas de media altura que podemos atopar preto do litoral Atlántico pero que non sofren o influxo directo da brisa mariña. Adoitan ser moi abundantes en toda Galicia. Mais non sempre foi así. A partir dos séculos XVI-XIX as rozas e o aproveitamento da parte baixa das uces para a obtención de carbón vexetal para a industria siderúrxica, mermou drásticamente esta comunidade vexetal. Nos anos 50, a repoboación forestal con coníferas a gran escala e a aparición das melloras agrícolas conseguiu que este hábitat deixara de ter o valor que nun principio tiña e comezou a esquecerse, infravalorándose coma terras improductivas. Nos últimos 30 anos os incendios foron e seguen a ser os culpables da lenta recuperación destes hábitats tan importantes, do deterioro na producción da mel e da mediocre calidade do pasto que nace nos primeiros anos despois da queima, ese do que se alimenta o gando galego que pasta en semi-liberdade. A comunidade da breixeira seca está composta por queirogais-toxeiras e xesteiras.

Na Serra do Galiñeiro predomina nas zonas non repoboadas.
As especies mais representativas son o toxo arnal (Ulex europeus), os carrascos (Erica umbellata, Erica cinerea, Calluna vulgaris) e herbas (Agrostis curtisii, Asphodelus lusitanicus, Scilla autunmalis)

Pérez, Paula. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.5 – 58

Fonte das imaxes: Afonso Rodríguez Rodríguez

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade