Genista berberidea
Erica tetralix
Carrasco femia (Erica ciliaris)
Xenzá (Gentiana pneumonanthe)
Erica tetralix

Carrasqueira Húmida Atlántica

Vincios conta cun espazo natural que destaca polas diferentes unidades de vexetación que conforman hábitats de interese comunitario incluídos no Anexo I da directiva 92/43/CEE

Esta é una zona especial de conservación considerada prioritaria. Esta comunidade formada principalmente por Erica ciliaris e Erica tetralix de baixo-medio porte son quen de medrar baixo a influencia do clima temperado oceánico. O elevado réxime hídrico da lugar a solos con bastante humidade e acidez. Estos queirogais tiveron unha gran importancia na economía rural -por suministrar pasto ao gando e carbón vexetal- e no medio natural por ser o hábitat de moitas especies animáis. Hoxe en día as continuas queimas que sofren os nosos montes e asrozas para plantacións, converten a estas especies nunhas supervivintes que podemos atopar de forma aillada ao longo da Serra do Galiñeiro. Este hábitat aparece asociado a zonas de rochedo, sobre solos ben drenado formado principalmente por material silíceo.

Pérez, Paula. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.5 – 58

Imaxes: Afonso Rodríguez Rodríguez

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade