Roseira brava (Rosa canina)
Mallo (Narcissus cyclamineus)
Fento real (Osmunda regalis)
Fento femia (Athyrium filix-femina)
Chrysosplenium oppositifolium
Primavera (Primula acaulis)
Primavera (Primula acaulis)
Ra Ibérica

Bosque de Ribeira

Vincios conta cun espazo natural que destaca polas diferentes unidades de vexetación que conforman hábitats de interese comunitario incluídos no Anexo I da directiva 92/43/CEE

Arredor dos numerososregatos e ríos que discorren por Vincios, existe un rico e complexo bosque de ribeira no que destacan por igual a flora e a fauna.

FLORA:
A ribeira dos cursos fluviais é o medio idóneo para que árbores como o ameneiro (Alnus glutinosa), o bidueiro (Betula alba), a abeleira (Corylus avellana), ou os salgueiros (Salix atrocinerea) medren como especies dominantes. No substrato herbáceo están presentes: varias especies de fentos como o fento femia (Athyrium filix-femina), blechno (Blechnum spicant) ou o dentabrú (Osmunda regalis), as silveiras (Rubus spp), a abelairiña (Saxifraga spathularis), o freixo (Salix atrocinerea), o mallo (Narcissus cyclamineus)  e outras especies de plantas herbáceas menos coñecidas (Carex acuta, Epilobium obscurum, Molinia caerulea).

FAUNA:
Os anfibios como o pintafontes común, o sapo común, a ra verde (Rana perezi), a ra patilonga (Rana ibérica) e a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) ocupan as beiras. A cobra de colar (Natrix natrix) e cobra viperina (N. maura) comen as larvas dos anfibios mergullándose nos regatos e o lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) vixía dende a marxe máis soleada. Nas aves existe unha maior variedade que no resto dos grupos animais, así poderemos ver ao pincaouro (Carduelisspinus), a ocasional presenza do picapeixe (Alcedo atthis), o merlo azul (Monticola solitarius) e outros paxaros: verderolo, xirín e ferreiriño. Para as avesrapaces como o miñato (Buteo buteo) e o gabián (Accipiter nissus) o bosque de ribeira é unha boa zona de cría e alimentación, ao igual que para os mamíferos como o furaño común (Crocidura russula), o tourón (Mustela putorius), e o teixugo (Meles meles).

A lontra (Luttra luttra) está presente tamén neste tipo de hábitat, mais no río Zamáns ocupa cursos máis baixos, outro mustélido, neste caso o visón americano (Mustela vison) atópase entre a fauna bioinvasora debido á presenza de exemplares cimarróns procedentes das granxas nas cercanías.

Pérez, Paula. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.5 – 58

Fonte das imaxes: Afonso Rodríguez Rodríguez

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade