Loureiro (Laurus nobilis)
Xilbalbeira (Ruscus aculeatus)
Xacinto bravo (Hyacinthoides paivae)
Vacaloura (Lucanus cervus)
Pereira brava (Pyrus cordata)
Freixo de olor (Fraxinus ornus)
Fento macho (Dryopteris affinis)
Fento dos carballos (Davallia canariensis)
(Blechnum spicant)
Aveleira (Corylus avellana)

Bosque Atlántico

Vincios conta cun espazo natural que destaca polas diferentes unidades de vexetación que conforman hábitats de interese comunitario incluídos no Anexo I da directiva 92/43/CEE

Atopamos un tipo de hábitat, representativo do que puido ser o bosque atlántico, de maneira illada, en zonas moi concretas ao longo de toda a superficie ocupada pola Comunidade de Montes de Vincios, sobre todo preto de solos húmidos. Son vestixios do que no pasado ocupou a masa boscosa de carballeira (Quercusrobur) e que actualmente acompaña ao bosque de ribeira.

FLORA:

Neste medio a flora medra asociada á árbore predominante, o carballo, formando un bosque caducifolio asociado a arbustos como o rusco (Ruscus aculeatus). Ademáis, abundan as especies leñosas como a sobreira (Quercus suber), castiñeiro (Castanea sativa), herba salgueira (Lonicera periclimenum), abeleira (Corylus avellana), pereira brava (Pyrus cordata), areiras (Hedera ibérnica) e fentos (Pteridium aquilinum, Dryopteris affinis e Polypodium vulgare).
Tamén podemos atopar un tipo de freixo propio de zonas mediterráneas (Fraxinus ornus)

FAUNA:

Neste ambiente podemos atopar grande variedade de paseriformes(aves de pequeno tamaño), dende os máis comúns como o ferreiriño común (Parus caeruleus), o pimpín (Fringilla coelebs), o verderolo común (Carduelis chloris), o xirín (Serinus serinus), o paporrubio (Erithacus rubecula), a papuxa das amoras(Sylvia atricapilla), picafollas musical (Phylloscopus trochilus), o carrizo (Troglodites troglodites), o gaio (Garrulus glandarius) e moitísimos máis… Ademáistamén podemos atopar o sapo común (Bufo bufo), o sapiño pinto (Discoglossus galganoi), a píntega (Salamandra salamandra), o pintafontes común (Lissotriton boscai), etc… en zonas como pozas ou charcas. Tamén os mamíferos atopan espazo neste hátitat, como os morcegos (Pipistrellus pipistrellus e Myotis myotis), o teixugo (Melesmeles), a raposa (Vulpes vulpes), a denosiña (Mustela nivalis), a garduña (Martes foina) o ourizo cacho (Erinaceus europaeus) e a toupa (Talpa occidentalis). Entre os insectos, destacar a presenza da vacaloura (Lucanus cervus).

Pérez, Paula. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.5 – 58

Fonte das imaxes: Afonso Rodríguez Rodríguez

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade