Fonte: Mónica Salgueiro
Fonte: Mónica Salgueiro

Banda Escola

Primeiros pasos dos alumnos recén chegados á Banda de Música

Nestes momentos son 71 os alumnos que se están a preparar na escola de música.
Os alumnos da escola están distribuídos en dúas bandas:
1. Banda de iniciación: formada por, aproximadamente, 20 persoas. Nesta banda atópanse alumnos que levan pouco tempo tocando os seus respectivos instrumentos e, polo tanto, comezan a dar as súas primeiras notas.
2. Banda da escola: na que participan ó redor de 40 alumnos e que fai os seus propios concertos.
Ámbalas dúas son dirixidas por Esteban Noel Quintas Pérez.

Agrupación Musical de Vincios. Banda Escola. Web: https://sites.google.com/site/amdvincios/escola

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade