Aviso Legal

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE VINCIOS

vincios.org

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios con domicilio en Piñeiro s/n, Vincios 36316 Gondomar con CIF V36686186 representada por Alberto Covelo Casal pon a disposición no seu sitio web www.vincios.org determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais regulan única e exclusivamente o uso do sitio web da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios por parte dos usuarios que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais son expostas ao USUARIO no sitio web www.vincios.org en todas e cada unha das páxinas e cada vez que o USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, as garde e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos sen que se produza tal aceptación.

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios no está inscrita en Registro Mercantial ao non ser considerada sociedade.

O acceso web da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen para a realización de actividades contrarias ás leis e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

1.1.-  A utilización do sitio web da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios non comporta a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, salvo se este USUARIO desexa utilizar as bases de datos de artigos existentes en www.vincios.org onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico. A subscrición regularase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web guíanse estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc. Expresamente a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios prohibe o seguinte:

1.1.1- Levar a cabo acción que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios ou a terceiros.

1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (‘spaming’) o envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (‘mail bombing’).

1.2.- A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou as presentes condicións xerais (ver cláusula quinta).

SEGUNDA.- CONTIDOS

Os contidos incorporados a este sitio web foron elaborados e incluídos por:

2.1.- Comunidade de Montes Veciñais en Man Común a través do proxecto Cartografías Sensibles utilizando fontes propias e externas de tal modo que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios unicamente se fai responsable dos contidos elaborados de forma interna.

2.2.- Terceiros alleos á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios sexa mediante colaboracións directas no sitio web, sexa a través de hiperenlaces ou links a outros sitios web ou a novas de outros sitios dos que non é titular a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios en ningún caso será responsable dos contidos así introducidos e non garante o correcto funcionamento de todos os links ou hiperenlaces.

O USUARIO que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios non fará uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións postas a disposición no referido sitio web.

2.3.- A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios informa que o sitio web www.vincios.org , os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web se atopan plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso da  Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios usa fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e tamén establece links ou hiperenlaces a artigos de información de terceiros citando sempre as fontes. O lexítimo titular dos dereitos de autor de esas información así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias.

CUARTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais guíanse pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Vigo renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidera corresponderlle.

QUINTA.-

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e serán interpretadas tendo en conta as vontades das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios.