Fonte: A.D Vincios Tenis de Mesa
Fonte: A.D Vincios Tenis de Mesa

Asociación Deportiva Tenis de Mesa Vincios

www.advincios.com

A Agrupación Deportiva Vincios escomenzou a sua andaina deportiva, dentro da ANPA Sta. Mariña do CEIP Serra Vincios, no ano 1.996, contando no seu comenzo cun equipo masculino e outro femenino, nas categorías máis baixas das competicións federadas.

Despois das primeiras tempadas, nos vemos obrigados a desplazar o noso local de traballo o Centro Cultural de Vincios, hasta que acadamos o ascenso a 2ª División Nacional Masculina, donde nos vemos obrigados a desprazarnos o Ximnasio do IES Terra de Turonio como local de adestramentos e competición, para despois do ascenso a 1ª División Masculina utilizar o Pavillón Municipal de Gondomar para os partidos de competición e demáis torneos e campeonatos.

Conquerimos o ascenso a División de Honra Masculina o igual que a 1ª División Feminina, non poidemos conseguir manter a categoría masculina, para despois iniciar dous ascensos consecutivos e conseguir alcanzar a Superdivisión Masculina, máxima categoría española, na tempada 2008-2009.

Nesta tempada 2012-2013, estamos por terceira vez na categoría de División de Honra, pero o final de tempada non somos quen de manter a categoría, polo que a próxima tempada teremos equipos en 1ª División Nacional Masculina, 2ª División Masculina, xunto con 6 equipos en Ligas Galegas, e co equipo femenino que mantivo a 1ª División Nacional.

O noso club neste momento contamos con 50 licenzas federadas co máis veteran Enrique Fernandez (76 anos) e o máis xoven Pablo Güell (9 anos).

No apartado de campionatos galegos conquerimos moitos exitos grazas o bo traballo levado a cabo polos adestradores Nigel Webb (Xamaica) e Antonio Gregorio, acadando os campionatos galegos Alevin e Xuvenil por equipos masculinos, e podium na maioría das probas das categorías base.

 

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade