cartografias_sensibles_vincios_gondomar_comunidade_asociacion_vecinos

Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios

Dentro do ámbito social e cultural, a Asociación de Veciños [...]

Dentro do ámbito social e cultural, a Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios desenvolve anualmente plans culturáis que dinamizan a vida comunitaria da parroquia.

Celebracións: O Entroido, o Día do Pai, o Día da Nai, o Día das Letras Galegas, San Xoán, a Festa do Socio, a Festa do Veciño, o Magosto, Fin de Ano, 

Actividades: As andainas Coñece Vincios, pola Protección da Serra do Galiñeiro e pola defensa das melloras do vial Vincios-Couso; a Cabalgata de Reis; o Pasarrúas da Rondalla; etc.

Cursos: Gaita e Percusión, Baile Rexional, Pandereteiras, Pilates, Coro Tradicional, Baile Tradicional, Pintura e Debuxo, Linguaxe Musical, Informática, Bailes Latinos, Photoshop, Manualidades, Acordeón, Coida o teu corpo Bailando, Rondalla e Banda de Cornetas.

Ademáis, organizan charlas formativas, presentacións de libros e discos, celebracións de certames, concertos…

No ámbito veciñal, a Asociación de Veciños a través dos seus delegados de barrio, fan de canle entre a parroquia e distintos organismos coma o Concello.

 

 

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade