cartografias_sensibles_vincios_gondomar_comunidade_asociacion_pedraghullo

Asociación Cultural Pedraghullo

pedraghullo.blogspot.com.es

OBXECTIVO 1: PROTEXER A SERRA DO GALIÑEIRO

Dende que nos enteramos que pretenden construir un parque eólico na Serra do Galiñeiro e analizamos as consecuencias negativas que pode traer para o noso fermoso monte, decidimos apoiar con todo o que esté nas nosas máns a ”Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro” que leva dous anos traballando a esgalla para intentar evitar que se destruian os valores da serra. Ata o de agora participamos nas duas andainas que organizou a plataforma, organizamos unha xornada de concienciación cidadán con veciños de Vincios e estamos levando a cabo unha recollida de sinaturas en contra do parque. “Pedraghullo” non está en contra da enerxía eólica, pero si o estamos cando se pretende instalar en espazos naturais de alto valor ecolóxico. Polo tanto estamos decididos a chegar ata o final, pero necesitamos da vosa axuda para gañar esta loita.

OBXECTIVO 2: RUTA DOS MUIÑOS DE VINCIOS

Estamos limpando e acondicionando os muiños de Vincios ,o río e as súas beiras para facer unha  senda fluvial que nos leve ata  Gondomar a carón do río Zamáns. A idea é organizar xornadas de convivencia donde os veciños nos xuntemos para limpar  e xantar e así difundir e concienciar a xente para protexer o patrimonio etnográfico e natural de Vincios,  a un tempo que disfrutamos da magnífica natureza que temos na parroquia. Desta maneira pasaremos un bo rato mentres levamos a cabo unha acción solidaria co noso entorno.

OBXETIVO 3: ADOPTAR Ó RÍO ZAMÁNS – PROXECTO RÍOS

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. ”Pedraghullo” encargarase, de momento, de adoptar o percorrido do Río Zamáns, ó seu paso pola parroquia de Vincios. Dende A Fraga ata Pego Negro. En breve faremos a primeira inspección para determinar cal é o estado do noso río, e así poder protexelo dunha maneira máis científica.

OBXETIVO 4: EVENTOS MUSICAIS

Para este ano 2013 temos un par de iniciativas que nós gustaría levar a cabo, ademáis de repetir  a “NOITE DE SAN XOAN” que tanto éxito acadou o pasado ano dous eventos máis, un para por en valor a “Ruta dos muiños” e outro para reinvidicar a parroquia de Vincios como unha das mellores fontes de músicos de toda Galiza.

Asociación Cultural Pedraghullo. Obxetivos. Web: <http://pedraghullo.blogspot.com.es/p/patrimonio-cultural.html>

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade