Fonte: Clube Espelelóxico Maúxo

As cortes do Barreño

Cortes de uso e propiedade particular para gardar o gando e o carro da casa. A Corte das Cabras ten 6,65 m de fondo e ancho máximo de 1,80 m

En uso e propiedade particular.
Conxunto de cavidades artificiais formado por 4 Cortellos usados para gardar o gando da casa, e máis un espacio troglodita chamado O Cuberto do Carro. Tres das catro cortes que aquí había “fóronse desbarrullando” quedando unha corte e o mencionado Cuberto do Carro.
Antes de pasar a describir o que queda deste conxunto de covas, dicir que estas están reducidas de tamaño pola ampliación e asfaltado do camiño realizados nas últimas décadas.
A única cortella conservada, A Corte das Cabras, ten 3’65 m de fondo por un ancho máximo de 1’80 m. A planta do habitáculo é case rectangular observándose unha altura máxima de 1’80 m. Actualmente, logo do recorte sofrido polo desanche do camiño, a corte conta cun pequeno peche formado por dúas pedras e unha cancela de madeira que impide que escapen as cabuxas.
O Cuberto do Carro perdeu a súa orixinal función e agora sirve tamén de corte.
Ten un fondo de 2’90 m e un ancho medio de 1’60 m sendo a súa altura media de 1’20 m.
Ubícase na beira do camiño principal que dá servizo á vivenda, no extremo suroeste deste 0conxunto das Cortes do Barreño, topónimo este, que como o de Barreiro, explica a elección do terreo onde se construíu.
En canto á datación destas cavidades artificiais, os seus propietarios non acordan nin facelas nin oír falar de quen as fixo: “Quen sabe de cando virá iso”

GARCÍA GARCÍA, Miguel & COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 95-96

Location

Piñeiro, Vincios

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade