cartografias_sensibles_vincios_gondomar_monte_natureza_cida_galineiro_0794

A Sidá

A tradición oral fala da cidade dos mouros, limítrofe das parroquias de Camos e Chandebrito.

Conxunto de cavidades e abrigos formados polo remexido dos bloques dos altos dos cotos e vertentes cara a valgada do río chamado Zamáns.
Algúns destes ocos semellan antigas estruturas de alteración (cacheiras ou cacholas) derrubadas ou rotas a modo de covas de bloques.
Destacaremos as singulares formas graníticas atopadas na zona e que constitúen o maior interese desta área.
VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 46-47

Synonyms

A Cidá, A Ciudá

Location

Conxunto de abrigueiros localizados no crestón granítico norte da cima do Montecastelo ou Monte Castelo do Val Miñor. Hai quen lle di A Cidá, xa que lle ben de cidade, e amplian a extensión do topónimo a toda a cima pétrea de Montecastelo, entre as lindes dos concellos de Gondomar e Nigrán.

Data sheet

CLASIFICACIÓN:
Covas de bloques fragmentados ou covas de bolos erosionados
SUBTIPOS ASOCIADOS:
Covas de bloques
Covas de Alteración
Fendas por esvaramento
INFORMACIÓN XEOLÓXICA:
Rochas ígneas
Granitos de afinidade alcalina
Granito de dúas micas
EXPLORACIÓN:
C.E. Maúxo 2003
TOPOGRAFÍA:
Pendente
ESPELEOTEMAS:
Ópalo-A
FORMAS GRANÍTICAS:
Cacheiras ou cacholas (tafoni)
Pías (Gnammas)
Fracturación poligonal (poligonal cracking)

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 46-47

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade