Fonte: Clube Espeleolóxico Maúxo
Fonte: Clube Espeleolóxico Maúxo

Mina de Fortes e fonte nas Milladas

Con 18 m de fondo, a mina permitía aproveitar ó máximo as augas nos meses do verán nos que non chovía suficiente, ten unha fonte na saída

O clima desta parte do país no que habitamos, como sabemos, caracterízase por ter uns meses -os máis duros do verán- nos que non chove o suficiente. Un dos remedios tradicionais para intentar mitigar as tempadas de escaseza de auga é a de construír pozos, presas e minas de auga.
As minas de auga son un tipo de covas artificiais. Un túnel a furar o monte feito coa idea de aproveitar ó máximo as augas freáticas e as epifreáticas, levando ó rego tanto as augas soterradas como as augas que saturan o solo.
A mina de Fortes atópase á dereita do acceso á vivenda, na beira do camiño enfronte da casa dos Fortes.
Mina de auga dunha sóa galería de dirección entre 180°-190°N e cun desenvolvemento de pouco máis de 18 m de fondo. Anchos e altos variables, xa que os desprendementos que sofre a cavidade deformaron a súa estrutura orixinal; altura máxima de 3’60 m e mínima de 0’50 m. No fondo da mina construíuse unha pequena presa da que a auga sae por un regueiriño cara o exterior; chegados a este punto, a auga circula 3 m por baixo do camiño, hoxe asfaltado, e vai dar finalmente a unha fonte situada xusto diante da casa propietaria.
Os propietarios e veciños da mina “xa non acordan facela”.
O estado de conservación é malo, e hai perigo de desplome dada a escasa potencia de terreo sobre a cavidade. Na nosa visita observamos tamén crías de anfibios, tritóns e saramántigas. Como todas as covas, naturais e artificiais, estes habitáculos son niño de morcegos das distintas especies que andan por aquí.
Conxunto etnográfico salientable, xa que esta Mina-Fonte non só se localiza na mesma zona que O Cuberto do Carro, senón que tamén queda perto da Mina do Chuco.

GARCÍA GARCÍA, Miguel & COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 97-98

Location

Xián, Vincios

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade