Fonte: Clube Espeleolóxico Maúxo
Fonte: Clube Espeleolóxico Maúxo

A Mina da Casa do Santos

Con máis de 145 m de fondo, a mina permitía aproveitar ó máximo as augas nos meses do verán nos que non chovía suficiente

Mina de auga de uso particular nunha das casas do barrio da Serra.
A mina foi construída contra 1900 a iniciativa do avó da actual dona da casa, Domíngo Lorenzo Álvarez, morto en 1924 con 50 anos de idade e do que lembra foi secretario do Concello e home importante de Vincios “(…) queríanlle moito porque facía cousas pola parroquia; o cementerio que temos en Vincios mandouno facer el aí, en Santa Lusía (…)”. Un familiar, José Santos, deulle nome a esta casa do barrio da Serra durante moito tempo.
A cavidade, anexa á vivenda, está formada por unha estreita galería de escasa altura (90-110 cm. de media), que se adentra serpenteante en dirección á estrada Gondomar-Porriño. Mide máis de 145 m topografados, metros ós que habería que sumar outros 40 metros estimados, obstruídos por distintos derrubes que fixeron desaconsellable chegar ata o manancial da Fonte da Veigha, propiedade do tamén finado Florentino da Veigha, veciño e amigo do referido Domingo Lorenzo, onde principia esta mina.
Actualmente A Mina da Casa do Santos segue en uso dándolle servizo ós propietarios para regar e para darlle de beber ó gando. Haberá vinte anos que, pola construción dun cortello sobre a mina, a auga non serve para consumo humano. Cóntase con que o saneamento de augas prometido, volte o día en que se poda beber de novo dela.

GARCÍA GARCÍA, Miguel & COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 101

Location

A Serra, Vincios

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade