cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_inmaterial_memoria_matanza

A matanza do porco

O día da mantanza era un gran día de festa según Manolo 'O pisco'

”Alegría, alegriote, vai estar a carne do porco no pote. Dalle [...]

”Alegría, alegriote, vai estar a carne do porco no pote.
Dalle ó porco do caldeiro, e non do ribeiro.
Anaco de touciño pide trago de viño.
O comerciante e o porco, só se sabe o que ten despois de morto.
O que non mate o porco, non dá morcilla nin entrecosto.
No San Martiño mata o teu porquiño.
Por Nadal, o porco ó sal.”

Imaxes de Vincios, edita C.C Vincios 1996

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade