Fonte: Clube Espeleolóxico Maúxo

A Cova da Becha

Esta cova leva o nome de Becha ou Bicha e refírese ao mito do mal en forma de vella. Asociase a lenda da Coca.

Cova de bloques remexidos que se ten relacionada co periglaciarismo no litoral.
Trátase dunha grencha aberta e alongada que se tería orixinado pola acción do xeo nas xuntas e fisuras da rocha. A cavidade emprázase nun afloramento gneisítico no que se mediron buzamentos duns 33°E (30-36°N60°E).
A galería principal é unha fenda de eixo N30°W, cun buzamento do plano de fractura de 85°N-60°W. Ó fondo ábrese unha segunda galería de eixo N30°E.
Na encrucillada delas, coincidindo dous planos de fractura, hai unha cheminea que vai dar por un castelo de bloques ata un segundo nivel situado uns 4 metros (media) sobor do principal. No segundo nivel hai dúas galerías que evolucionan paralelamente ás fracturas do nivel principal. En particular, a galería de eixo N30°E evoluciona cunha sección uniforme ata chegar a unha cheminea final que ascendente 3,5 metros ata o exterior.
VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 73-77

Synonyms

Igrexa da Becha, A Cova da Bicha, Ighlesia do Becho

Location

Cova da Becha localízase no alto da serra do Galiñeiro, polo que leva tempo chegar a ela andando. Resulta máis cómodo chegar dende Zamáns subIndo en dirección á Chan da Becha. Estamos por baixo do Coto do Mediodía e do vértice xeodésico coñecido por moitos como A Botella. Dende Vincios, a ruta de acceso ás Ghallas é polos Pereirais arriba. Unha vez no alto, na fortaleza d’As Ghallas, dirixímonos ó sureste por entre as rochas; uns 30 minutos de camiñata con cautela. Dende Zamáns, a vía de acceso require menos esforzo e precaución.

Data sheet

DESENVOLVEMENTO (m):
__ 46 | 9
CLASIFICACIÓN:
Covas formadas pola acción do xeo
INFORMACIÓN XEOLÓXICA:
Rochas metamórficas
Gneiss de Riebeckita (facies Galiñeiro)
FRACTURAS:
N30ºE
EXPLORACIÓN:
C.E. Maúxo 1994
TOPOGRAFÍA:
C.E. Maúxo 1995
ESPELEOTEMAS:
Costras de Opalo-A
FORMAS GRANÍTICAS:
Pequenas pías
Frontes de alteración

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 73-77

Testimonies

"A Cova da Bicha (...) Es un estupendo abrigo natural con una amplía plataforma a la entrada y una roca que sobresale hace de alero. Lo tengo presente como refugio en días lluviosos, pero no siempre lo consigo libre, los caballos o las vacas también conocen la cueva. En 1969 conversaba con una vecina de Casal de Abad:
«Sonlle contos... Din que un home do pobo tomándo-lo sol no Coto do Medio víu entrar na cova unha cobra de máis dunha braza e do grosor dunha perna. D'aquela, por si o por non, cando parían as cabras alá polo mes de abril, na porta da Cova non faltaba unha cunca con leite pra ela. Din ca Bicha mamaba das cabras e as crías non medraban».
- Entón si é un conto non levo o pau... ¿Non haberá coidado ca Bicha?
«Vai con Dios mozo... cóidate das outras bichas... »"
Antonio Veiga González, "Excavaciones en el Galiñeiro Poblado de «As Jallas» (1970-1971)", Boletín Instituto de Estudios Vigueses, 2003, p. 379

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade